O portavoz popular en Barreiros e deputado provincial, José Manuel Gómez Puente, denuncia que esta vía non entrou este ano no plan de mantemento da Deputación
Barreiros, 9 de febreiro de 2023. O mal estado das estradas supón molestias para os usuarios, perda de seguridade vial e mala imaxe para o territorio polo que descorren. Eses tres aspectos negativos danse en moitas das vías que dependen da Deputación de Lugo. Unha das estradas provinciais en mal estado é a LU-P 0611, que une a N-634 coa praia de Coto, no municipio de Barreiros. O portavoz popular neste concello, José Manuel Gómez Puente, deputado provincial, reclama do presidente da Deputación, o socialista José Tomé, que adopte, sen demora, as medidas precisas para acometer un mantemento nas debidas condicións desta estrada.
Gómez Puente sinala: “Esta estrada, arranca na N-634, é dicir na estrada xeral, ao pé do tanatorio, e acaba na pista que descorre ao longo da costa, neste caso, en Coto. É a mellor alternativa para ir dende a xeral á estrada que bordea a costa, porque é a máis recta, no atravesa núcleos de poboación e é a máis ancha”. Engade: “Este ano, non sei por que, a Deputación non levou a cabo obras de mantemento na LU-P 0611 e agora mesmo o deterioro é moi acusado. O pavimento está mal, pero hai algunha zona na que se formaron grandes fochancas, que crean risco para a seguridade do tráfico e que xa provocaron algunha avaría”.
O mesmo representante popular di: “Xa sabemos que ao presidente Tomé non lle gusta nada que poñamos negro sobre branco o mal estado da rede viaria provincial, cuxo mantemento depende da Deputación. Pero hai moitas estradas en moi mal estado e esta de Barreiros é unha delas. Polo tanto, temos que reclamar, en nome dos veciños de Barreiros e de todos os usuarios desta vía, a súa reparación no máis corto prazo posible”. Lembra que Barreiros recibe cada verán a miles de visitantes e que este é un dos accesos principais ás praias. “Esperemos que amañen a estrada antes da primavera, porque tamén é unha vía que facilita a comunicación entre barrios de Barreiros”.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



