Viches a película Rebelde sen causa? Lembras que nela hai unha carreira proposta que se realiza rematando coa morte dun dos dous mozos que compiten? Dous rapaces en coche cara ós acantilados para ver quen vence: o que se manteña máis tempo no coche.
Unha competición que cualificaría cando menos de estúpida, na que, na película, o que primeiro se raxa resulta quedar enganchado, non pode saír e despénase polo precipicio dentro do coche, cara ó mar. Na película, a carreira pode verse en orixe como un ‘mal menor’ que evita unha pelexa con arma branca no que se dirimiría a preeminencia entre dous ‘machos alfa’, rapaces novos con ansia de comer o mundo, mesmo cos máis dentro. O que teñan seguidores detrás é un detalle social importante, representando o poder por medio deles, das ‘bandas’ das que serían os xefes. É dicir, unha imaxe representación do sistema xeral que, mesmo con algún filtro (o ‘evitar a loita con navallas’) leva á sociedade, lévanos, cara unha aposta con resultados globais que lanza ó precipicio ós participantes (nós), que, se evitan caer, perden. O resultado posible? A morte, en caso de ganar. Casual no caso de Rebelde sen causa (quedou no coche quen se ía tirar antes, ‘o perdedor’ en todos os sentidos), un xogo así está previsto precisamente para, adrenalina mediante, non dar importancia á morte de quen gane (‘sexa máis home’, ‘mereza máis o poder’, etc) ó tempo que despreza ó perdedor. Nun tempo que din de estratexias ‘win – win’ (na que todos os participantes sacan proveito), a exaltación do ‘loss – loss’ (cando todos perden).
A imaxe pode trasladarse ó mundo actual. No ‘noso’ sistema socioeconómico actual (case ao menos tan ben estaría o dicir que o sistema nos ten a nós, que somos prisioneiros do sistema), chámeselle ‘liberal, ‘capitalista’ ou como se queira, hai unha loita por conseguir máis cartos e poder. E, para iso, lévase ó límite a explotación de recursos do planeta (medio ambiente ou persoas, incluídos) ou as condicións na que se fai esa explotación (sexan minas con nenos expostos a contaminación de metais ou provocando / acelerando o aumento global de temperatura). Quen se desmonte antes, quen non sexa capaz de espremer ó máximo o entorno, perde, é desprazado por outro explotador ou compañía explotadora, por outro que consegue máis cartos e poder. E mentres, o mundo enteiro, o mundo que coñecemos, está cada vez máis preto da beira do abismo.

















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



