Para min foi un pracer inmenso compartir con toda a veciñanza de Ribadeo un acto público tan emblemático como a cea-presentación da miña candidatura á alcaldía de Ribadeo polo BNG. Foi un pracer e supuxo unha enorme ilusión compartir con todas e todos vos, así como coa nosa portavoz nacional, Ana Pontón, este momento tan emotivo. Esta nova andaina vai ser posible porque, en primeiro lugar, as compañeiras e compañeiros do BNG de Ribadeo decidiron darme o seu total apoio e confianza para encabezar a nosa candidatura ás próximas eleccións municipais para seguir gobernando Ribadeo. Pero tamén porque houbo quen soubo dar paso a novos equipos e nova xente para protagonizar o futuro de Ribadeo. Síntome moi orgulloso e moi agradecido porque Fernando Suárez Barcia contase comigo no seu anterior mandato e soubese ver en min, tamén el, a persoa idónea para continuar co seu labor.
Os que me coñecedes ben decides de min que son unha persoa firme, responsable, coa que se pode falar e, sobre todo, que sabe escoitar. Nunca tiven ambición política, aínda que sempre souben ben cales eran as miñas ideas ao respecto: entendo a política como a actividade que nos permite transformar para mellor o noso entorno e a nosa sociedade, sobre todo partindo da base dos nosos recursos e das nosas capacidades.
Tócanos renovar un equipo que siga traballando na mesma liña de orgullo polo propio, progreso, igualdade, servizo público, confianza e transparencia. E temos forza e persoas dispostas a facelo. Vou ser a cara máis visible deste novo grupo, pero estou tranquilo e animado porque sei que me van acompañar persoas moi capaces e coas ideas ben claras. Pero, sobre todo, síntome arroupado por todos e todas vós.
Podería pedirvos que pecharades os ollos para soñar un novo Ribadeo, pero case prefiro que primeiro botedes a mirada cara a atrás e lembremos algunhas das accións promovidas polos gobernos do BNG en Ribadeo. Recuperamos espazos públicos para o proveito común (o paseo das aceas, estrada do faro co carril bici, senda costeira, parque do xardín…). Sacamos adiante a residencia de maiores (negada sistematicamente pola Xunta como se os de Ribadeo non a merecésemos). Logramos consensuar un Plan de Ordenación Municipal (que proporciona seguridade xurídica para poñer en marcha novos proxectos e evita o caos urbanístico). Puxemos en marcha a campaña das Panchas (que sitúa o noso comercio como unha referencia na comarca e atrévome a dicir en toda Galicia).
Somos o concello da Mariña no que máis baixou o paro no último ano, e o que maior incremento comercial experimentou nos últimos tempos. Este último verán lideramos a afluencia de turistas en toda a comarca (o 40% dos turistas da Mariña hospedáronse en Ribadeo) e somos o destino mellor valorado de toda a provincia. E todo iso, traballando o turismo dende os nosos recursos identificativos como pobo. Sabemos vender Ribadeo, sabemos vender Galiza, aproveitando a singularidade que nos dá a nosa cultura. Rehabilitamos, ano tras ano, o noso casco histórico (un exemplo de como se deben facer as cousas e que ten como guinda do pastel a rehabilitación da Torre dos Moreno).
Reducimos a débeda pública até niveis que nada teñen que ver cos tempos nos que gobernaban outros. Neste mandato acometemos unha Inversión de máis de 2.600.000 € nas nosas parroquias do rural e na rede viaria municipal (aglomeramos pistas e camiños esenciais para a vertebración do noso concello, e amañamos escolas e locais sociais). Investimos máis de 1.050.000 € reformando e construíndo infraestruturas para o deporte, como o Pepe Barrera, ou campo do Outeiro, ou as pistas multideporte (en construción), ou as instalacións de piragüismo (que se van reconstruír). Destinamos moitos recursos á formación e ao ocio dos máis novos e non tan novos: na Escola de Música; os eventos das vacacións de Nadal en torno ao RibaXogo, programas de conciliación familiar ou os tan valorados “Aquí coma de 20” ou “As Parroquias en Marcha”, aos que se suma unha programación cultural de primeira e referente na comarca con teatro, música, danza, eventos coma o Ribadeo Indiano, Ribadeo Ilustrado…
E agora si: despois de contemplar o que xa é realidade, comezade a soñar co Ribadeo do futuro, co Ribadeo que está por vir. A reforma do hospital asilo está en marcha. Imos poñer en marcha o Plan Especial das Catedrais. Grazas a todo o labor feito, e aos novos proxectos que están en marcha, Ribadeo seguirá a ser un sitio diferente, un lugar no que moitos seguiremos estando orgullosos de vivir, outros verán nel un referente para emprender o seu proxecto vital, e outros moitos quererán vir coñecer ou convivir con nós nalgún momento do ano. Porque seguimos facendo de Ribadeo un concello con vida e participativo, un concello dinámico e con oportunidades. Un concello moderno e con futuro.
E eses novos logros van ser posibles grazas ao froito que se recolle tras anos de traballo, grazas á dedicación absoluta das persoas, mulleres e homes, que formamos os diferentes gobernos de Fernando Suárez Barcia. Vai ser posible porque combinaremos os recursos propios do Concello coa capacidade de inversión doutras administracións para buscar entre todos o mellor para Ribadeo. Vai ser posible porque somos quen de deseñar un novo equipo de goberno que vai combinar a experiencia adquirida ao longo destes anos coa ilusión e afouteza da xente nova que se suma a este proxecto de progreso, xustiza social, igualdade, benestar e orgullo polo propio.






















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



