No último Pleno da Corporación ribadense, o Partido Popular votou en contra dunha moción do Partido Socialista para instar á Xunta de Galicia a que corrixa as súas políticas en materia sanitaria co fin de garantir a calidade asistencial en Ribadeo
Ribadeo, 17 de febreiro de 2023. A Voceira da Agrupación Socialista de Ribadeo, Marta Rey, lamentou hoxe a falta de compromiso e a desafección do Concelleiro do PP Daniel Vega cos problemas sanitarios que afectan á veciñanza do municipio mariñano. Así o dixo, tras defender na pasada sesión plenaria unha moción “para instar á Xunta de Galicia a que reformule as súas políticas en materia sanitaria, especialmente no ámbito da Atención Primaria, co fin de que cambie o modelo asistencial e de xestión de recursos humanos que permita convocar todas as prazas posibles”.
“O grupo do PP de Daniel Vega rexeitou esta proposta. Polo tanto, terán que dar explicacións diante da veciñanza deste rexeitamento en defensa dos servicios públicos no noso concello. Parece que hai membros desta Corporación municipal que están mais preocupados en saír en fotos con conselleiros ca en resolver os problemas reais das veciñas e veciños Ribadeo”, incidiu Rey.
Neste sentido, lembrou que este mesmo verán o PAC de Ribadeo consultou cun só equipo médico, que inclúe un médico, un enfermeiro e un administrativo para atender aos doentes do concello ribadense e dos de Barreiros e Trabada. ”Polo tanto, son arredor de 14.000 persoas, o que supón unha carga de traballo que recae en tan só tres profesionais sanitarios do PAC de Ribadeo. Está é a sanidade que defende o PP de Daniel Vega”, replicou.
“O Goberno da Xunta anunciou un novo centro de saúde na nosa vila, pero tal e comprobamos ese centro non vai contar cos profesionais sanitarios necesarios para atender aos seus usuarios. Por iso, demandamos unha sanidade pública de calidade, e reivindicamos o excelente traballo que realizan os profesionais sanitarios no noso concello, sempre ao pé do cañón”, remarcou.
Traslado temporal dos usuarios do Hospital Asilo
Nesta mesma sesión plenaria, o Grupo Socialista de Ribadeo interesouse tamén polo proceso no que se atopa o traslado temporal dos usuarios e usuarias do Hospital Asilo de Ribadeo mentres dure a rehabilitación deste edificio, que terá unha duración mínima de ano e medio. “Informáronnos de que aínda están esperando unha contestación da Xunta sobre quen se vai facer cargos dos residentes”, asegurou Marta Rey.
Ademais, no apartado de rogos, os socialistas plantexaron que os restos das podas na zona do cargadoiro fosen recollidos ó antes posible, e instar á Autoridade Portuaria San Cibrao-Ferrol a arranxar canto antes ó acceso a Illa Pancha.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



