Na cea tamén se fixo entrega dos premios ás parellas que resultaron gañadoras do Campionato de tute e parchís do Día da Mullerda man do rexedor, Alfonso Villares, e das edís de Muller, Cultura e Medio Ambiente, Pilar Armada, Dolores García Caramés e Mali Méndez, respectivamente. PARCHIS: 1° Pilar Prieto e María José González. 2º Pilar Gallego e Villa Gallego. 3° Toñita Casas e Toñita Mon. TUTE: 1° Gema Deán e Pilar Prieto. 2° Lidia Pernas e Adeli Fernández. 3° Mari Luz Fernández e Olga Castro.
![A cea do Día da Muller de Cervo tivo lugar este sábado no restaurante Noso Lar, en San Cibrao. Contou coa participación dun cento de mulleres do municipio](https://www.cronica3.com/wp-content/uploads/2023/03/IMG-20230312-WA0021-1024x768.jpg)