A Mariña, 4 de marzo, 2023. A Coordinadora “Eólica, Así Non”, nacida hai máis de dous anos e integrada por máis de dous centos de entidades sociais do ámbito do ecoloxismo, o sindicalismo, os montes veciñais, as plataformas veciñais de afectados, asociacións de veciños, entre outras, ante a aprobación dos Plans de Ordenación dos Espazos Mariños, polo Consello de Ministras e Ministros manifestamos o seguinte:
1.- O noso apoio á Plataforma en defensa da pesca e os ecosistemas mariños, ao chamado Manifesto de Burela e á declaración realizada o pasado 1 de marzo desde a lonxa de A Coruña.
2.- Facemos noso o calendario de mobilizacións acordado e chamamos a participar na mobilización que o colectivo ten convocada na Coruña para o sábado 11 de marzo, de 12:00 a 13:00 horas, diante da Delegación do Goberno (Praza de Ourense), en demanda da retirada do Real Decreto, de respecto á actividade pesqueira e aos ecosistemas e de traballar a todos os niveis para dispoñer da información máis axustada para acometer a ordenación dos espazos mariños.
3.- Defendemos unha Galiza libre de eólica mariña e a retirada polo Goberno español do POEM aprobado no Consello de Ministros porque a preservación dos caladoiros de pesca e dos corredores ecolóxicos mariños están en perigo. Os proxectos de implantación de enerxía eólica mariña non son compatíbeis cos usos tradicionais da nosa costa, co mantemento da actividade pesqueira ou coa preservación da biodiversidade dos ecosistemas mariños, tendo en conta que estes macropolígonos están proxectados nos nosos caladoiros de pesca, producen cambios na temperatura da auga, desprenden enerxía electromagnética e cambian as correntes mariñas. Ademais, a costa galega tamén é un santuario ecolóxico para os mamíferos maiños e as aves, ao pasar por riba da costa galega, especialmente de Estaca de Bares, o embude migratorio das aves de maior importancia para Europa e para o mundo.
4.- Denunciamos que o actual modelo de implantación de enerxías renovábeis carece dun desenvolvemento ordenado, racional ou planificado, e non obedece ás necesidades do país nen respecta ás persoas nen o medio ambiente.
A actual invasión eólica en terra, e agora no mar, reforza a concentración do poder da produción e da distribución de electricidade en mans de multinacionais foráneas da enerxía que se lucran á costa de espoliar o territorio e asoballar o pobo galego. A nova vaga eólica que se leva artellando nos últimos dous anos e medio consolida o papel de Galiza como colonia enerxética do Estado e de Europa, poñéndoa ao servizo das grandes elites económicas, e expulsando os galegos e galegas de calquera decisión que teña a ver co aproveitamento dos seus recursos.
5. Dereito a unha enerxía compatíbel coa soberanía alimentaria.
A invasión eólica en marcha compromete o dereito dos galegos e galegas de acadar a soberanía alimentaria. A pesca, a agricultura ou a multifuncionalidade dos montes son as únicas que poden afianzar a seguridade alimentaria do país e as que xeran maior número de postos de traballo directos e indirectos, ademais de contribuír a fixar poboación nos concellos costeiros e rurais.






















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



