Lugo, 23 de marzo de 2023. A voceira socialista do Goberno provincial e Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, presentou este xoves na Sala de Xuntas do Pazo de San Marcos a 39ª edición da Mostra Exposición de Muimenta (MOEXMU), xunto aos membros da organización Daniel Pollán e José Manuel Rus, e o Alcalde de Cospeito, Armando Castosa. A Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais, Gandeiros e Autónomos de Muimenta organiza esta cita, que, un ano máis, conta coa colaboración da Deputación de Lugo.
García Porto sinalou que se trata dun evento “plenamente consolidado, un referente no seu ámbito que reflexa moi ben a capacidade que temos no noso rural para impulsar iniciativas que favorecen a actividade económica e social e que contribúen ó desenvolvemento da provincia”. Ademais dunha achega económica por importe de 8.000€, a institución provincial cede dúas xatas da Granxa Gayoso Castro como galardón para os gandeiros e gandeiras.
“Con citas como esta apoiamos ó rural e ó sector primario, unha das liñas de actuación prioritarias na nosa acción de Goberno. A MOEXMU favorece precisamente iso, visibilizar e impulsar a actividade do noso rural, e a actividade agrogandeira como un motor económico e social da nosa provincia”, apuntou a Deputada. Ademais, a súa celebración, cita xa obrigada para a veciñanza da provincia, beneficia a actividade do comercio, a hostalería e o turismo de pequenos desprazamentos polo que tamén aposta a institución provincial.
O recinto feiral Manuel Vila, de Cospeito, acollerá a MOEXMU o 31 de marzo, e o 1 e 2 de abril, onde terá lugar a 37ª edición do Concurso de Gando Frisón e a Exposición de Raza Rubia Galega, así como a 27ª Poxa de Gando Selecto. Tamén se poderá visitar unha exposición fotográfica sobre o porco celta cedida por ASOPORCEL.





















O público poderá degustar embutidos de porco celta da gandería Celtagal, de Mondoñedo. O deputado de Rural Daniel García, Alba Fernández, da organización das festas, e Iván Rodríguez e Jose Barreira, representantes de Asoporcel, presentaron a iniciativa, que se inclúe no programa de fomento do consumo de razas autóctonas Un gusto de rural, un rural de gusto. O programa, posto en marcha en 2025 para socializar as calidades gastronómicas das carnes de razas autóctonas galegas con diferentes receitas, prevé este ano 37 degustacións en mercados, feiras e outras celebracións populares. Na organización, que conta coa colaboración das asociacións Puraga, Asoporcel e Boaga, prímase o emprego de materia prima de gandeiras e gandeiros locais.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.
O evento, organizado por O Arco da Vella coa colaboración do Concello de Barreiros e o CEIP San Miguel, contará coa participación dos grupos ACF Gamelas e Anduriñas de Espasante e O Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Antes do festival haberá un pasarrúas con saída desde a Praza do Souto.
No acto acompañará ao autor o filólogo e escritor Ramón Reimunde.