Lugo, 3 de marzo de 2023. O Presidente da institución provincial asinou coa presidenta da Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais, Gandeiros e Autónomos de Muimenta un convenio a través do que a entidade aporta 8.000€ para a celebración da XXXIX da Mostra
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e a presidenta da Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais, Gandeiros e Autónomos de Muimenta, Dolores Darriba Lamela, asinaron na Sala de Xuntas do Pazo de San Marcos un novo convenio de colaboración entre a institución provincial e esta entidade. A través da colaboración, a Deputación destina 8.000€ para a celebración da XXXIX Mostra Exposición de Muimenta (MOEXMU).
Esta cita, que contribúe ao desenvolvemento económico do concello de Cospeito e da provincia, pon en valor o traballo dos gandeiros e dos artesáns. Este ano, a cita está prevista para a fin de semana do 31 de marzo ao 2 de abril. Durante os tres días celebrarase a 37º edición do Concurso de Gando Frisón e a Exposición de Raza Rubia Galega, así como a 27º Poxa de Gando Selecto.
José Tomé destacou a importancia de renovar este acordo, que “é o reflexo de que todo o que ten que ver co noso rural e co noso sector primario é un eixo de traballo estratéxico, prioritario, para a institución provincial”. As actividades que poñen en valor e dinamizan o sector primario son fundamentais para apoiar a economía da provincia de Lugo, tanto polo retorno económico que ten de maneira inmediata a súa celebración en actividades como as do comercio e a hostalería e a propia actividade agrogandeira, como pola promoción e a proxección tanto a medio, como a longo prazo.




















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



