Artesanía e Deseño tramitará unha axuda para cofinanciar a compra dunha impresora fotocerámica
Lugo, 10 de marzo de 2023.- A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colaborará coa Fundación Eu Son na compra dunha impresora de fotocerámica para o obradoiro de cerámica do centro ocupacional da entidade, que comercializa as súas pezas coa marca Cerámica Eu Son.
A área de Artesanía e Deseño tramitará unha axuda extraordinaria para cofinanciar a adquisición deste equipo de impresión co que poderán completar no propio centro todo o proceso de elaboración das pezas, reducindo os tempos de entrega dos pedidos.
O deputado de Artesanía e Deseño Efrén Castro visitou esta mañá as instalacións da Fundación Eu Son en Burela, onde puido comprobar de primeira man a minuciosidade e coidado do traballo que se desenvolve no obradoiro, que conta cunha tenda en liña para a venda dos produtos.
Ata agora, os calcos para plasmar os seus deseños nas pezas de cerámica teñen que encargalos fóra, o que dificulta atender encargas de pezas personalizadas para eventos ou actos institucionais, que supoñen unha parte importante da demanda.
O responsábel provincial valorou “o traballo das persoas do centro ocupacional e a iniciativa da Fundación Eu Son que están a dar unha dimensión social a unha actividade ligada á tradición industrial de Burela e da comarca da Mariña ” e sinalou “a oportunidade desta colaboración que vai permitir que elaboren as pezas con maior autonomía e axilidade”.
Efrén Castro lembrou que “nos últimos anos, desde o Centro de Artesanía e Deseño vimos ofrecendo directamente ou colaborando en diferentes iniciativas de formación en oficios vinculados á artesanía e ao deseño, actividades que ademais de xenerar un valor económico teñen unha gran carga cultural e social”.
A Fundación Eu Son é unha entidade sen ánimo de lucro dedicada a mellorar a calidade de vida de persoas adultas con discapacidade intelectural da comarca da Mariña e ás súas familias. Nas instalacións de Burela conta cun centro ocupacional -cun obradoiro de cerámica e outro de serigrafía- e cun centro de día.
Entre outras actividades culturais e de ocio, contan cun grupo de teatro que ven formando parte ano a ano do catálogo de grupos do circuíto de teatro afeccionado organizado pola área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



