Ribadeo, 15 de marzo de 2023. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo convoca a súa asemblea xeral ordinaria para o 29 de marzo no Teatro.
Os asuntos que se abordarán son a lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea xeral ordinaria celebrada o 24 de marzo de 2022; lectura e aprobación, se procede, da conta xeral de ingresos e gastos do exercicio pasado, o de 2022; estado da asociación, análise e valoración das actividades realizadas no pasado exercicio; informe e aprobación, si procede, do orzamento ordinario para 2023; informe da programación de actividades previstas para este ano; informe dos festivos e domingos de apertura en 2023 e ampliacións horarias; rogos e preguntas.
A asemblea dará comezo en primeira convocatoria ás 20:20 horas e en segunda ás 20:30 horas.
Día do pai
Ata o vindeiro 19 de marzo segue en marcha a campaña do día do pai Merécelo papá, que contempla o sorteo de oito agasallos entre as persoas que fagan as súas compras ata ese día nos locais asociados. Trátase de 2 experiencias de desconexión para dúas persoas, doadas por Viaxes Eroski, de 1 Bono de 6 meses para BeOne Ribadeo e 5 ceas para dúas persoas xentileza de A Horta de San Roque, La Quinta, Javier Montero, El Rincón del Gordo e O Lar de Manolo.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, lembra que “aquelas persoas que realicen as súas compras nos establecementos asociados a Acisa Ribadeo estes días poderán cubrir algunha das 10.000 rifas editadas e repartidas para esta ocasión e así entrarán no sorteo destes 8 agasallos”.
O xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez, aproveita para insistir “na necesidade de seguir apostando polo comercio local para facer as compras destas datas e pola hostalería local para as celebracións familiares”.
Descontos no combustible
Desde a directiva de Acisa lembran que “ata o 31 de marzo segue a campaña que puxemos en marcha a finais de xaneiro con Gasóleos Abelleira, que supón un desconto de 0,10 euros/litro de combustible. Distribuíronse 50.000 tarxetas entre os negocios asociados a Acisa para que estes as repartan entre a súa clientela por gastos ou consumicións superiores aos 5 euros. Esta campaña será de aplicación unicamente na estación de servizo que se atopa situada no polígono industrial. Este desconto non é compatible con outras promocións de Gasóleos Abelleira”.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



