Lugo, 14 de marzo de 2023. Medio Rural da Deputación de Lugo e o Concello de Barreiros asinaron un convenio de colaboración para a compra dun tractor cortacéspede para o parque de maquinaria municipal.
Tráase dun tractor equipado para traballar en zonas verdes e axardinadas, que axilizará e facilitará as tarefas de mantemento que se desenvolven periodicamente en distintos espazos ao aire libre que o Concello acondicionou e revitalizou ao longo dos últimos anos nas distintas parroquias.
A deputada Mónica Freire valorou “o traballo realizado polo goberno municipal para recuperar estas zonas como espazos de esparexemento e socialización para a veciñanza do rural” e explicou que “na área de Medio Rural somos conscientes do esforzo que supón para o Concello o mantemento destas zonas e en xeral das infraestruturas municipais, tanto en persoal como en medios, e tratamos de facilitalo con colaboracións coma esta”.
A alcaldesa Ana Ermida sinalou que “a sinatura deste convenio dá continuidade á renovación da dotación de maquinaria para a realización de traballos diarios para os que ao longo destes anos se foron adquirindo ferramentas e maquinarias grazas á colaboración da Deputación. Con esta maquinaria os traballos realízanse de xeito máis eficiente e cunha mellor calidade, dando un importante impulso ao mantemento dos espazos municipais”
Ana Ermida agradeceu a colaboración permanente da área de Medio Rural “que permite que este concello conte cun dos mellores parques de maquinaria e ferramenta a disposición do persoal municipal que traballa dun xeito máis cómodo, eficiente e seguro no seu día a día”.
A área de Medio Rural destina 17.000 euros a esta compra, que dá continuidade ao apoio que a Deputación de Lugo presta ao Concello neste ámbito. Nos últimos catro ano o Concello de Barreiros adquiriu outros cinco vehículos, con financiamento de distintas liñas de fondos provinciais.






















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



