Burela, 28 de marzo de 2023. A Corporación Municipal de Burela celebrará o último pleno ordinario deste mandato o vindeiro xoves, 30 de marzo. Na orde do día figuran asuntos coma un convenio urbanístico para mellorar a rúa Leandro Cucurny, un recoñecemento extraxudicial de crédito por importe de 75.000 euros e un plan de acción para minimizar as perdas de auga, algo no que Burela xa leva tempo traballando, segundo subliñou o alcalde, Alfredo Llano.
O rexedor contou que “estes xoves, día 30, imos ter o último pleno ordinario deste mandato, sesión que fundamentalmente é para tratar tres puntos incluídos na orde do día, onde tamén hai outros como mocións ou rogos e preguntas. Un dos asuntos é un convenio urbanístico que vamos intentar aprobar para mellorar moitísimo a rúa Leandro Cucurny, cun asfaltado e ampliación desa estrada. Levamos tamén un recoñecemento extraxudicial de crédito, porque hai facturas que chegan tarde correspondentes a servizos ou mercadorías que foron executados no ano anterior. Nesta ocasión é de pouco valor, uns 75.000 euros”.
Llano explicou que “ademais vamos aprobar un plan de acción para minimizar as perdas de auga na rede municipal. Isto é algo que agora mesmo é unha cuestión transversal en todos os concellos de Galicia, máis que nada para que a auga na súa totalidade poida ser aproveitada. En Burela xa se está acometendo este plan de acción desde hai moito tempo porque consiste en buscar as maneiras de evitar que se perda unha gota de auga: non pode haber perdas na canalización nin fugas nin grandes consumos. Trátase de telo todo moi controlado para que realmente a efectividade do abastecemento sexa ao cen por cen. En Burela xa estamos acometendo desde hai tempo unha serie de actuacións como ter 7 zonas moi concretas nas que, a través dunha aplicación e dunha montaxe que se fixo con diversos aparellos para detectar fugas, en canto se detecta unha inmediatamente se transmite a un ordenador central que avisa e despois corríxese da forma máis rápida posible. Ademais en Burela están practicamente todas as tubaxes de distribución de auga en perfecto estado, pero hai algunhas que hai que mirar e tratar de substituír por outras mellores; e quedan moi poucas, uns 500 metros, de fibrocemento que se van cambiar inmediatamente. Hai que procurar que non se perda nin unha gota de auga, que estea todo perfectamente controlado, sobre todo pensando en que no futuro o tema da auga pode ser unha preocupación constante. Entón aquí, no concello de Burela, a distribución da auga potable xa está funcionando cunha efectividade moi próxima ao cen por cen”.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



