Burela, 8 de marzo de 2023. Esta mañá tivo lugar na Praza do Concello unha concentración a lectura do manifesto institucional a cargo da concelleira de Muller e Igualdade, Noelia Mª Ben Vázquez, para conmemorar o día internacional da muller.
O manifesto do Concello de Burela este ano 2023 fixo énfase na importancia da educación para acadar a igualdade, na necesidade de desmontar os prexuízos e estereotipos machistas e na necesidade de construír diferentes modelos para relacionarnos fomentando actitudes e condutas máis respectuosas e libres de violencia.
Na súa intervención Noelia Mª Ben lembrou que “o Concello de Burela, a través da súa Concellería de Muller e Igualdade e do CIM, está desenvolvendo accións de prevención dirixidas ás xeracións máis novas, que contribúan a corrixir as históricas desigualdades entre homes e mulleres, co firme convencemento de que o sistema educativo é o recurso de socialización con maior viabilidade para materializar e garantir unha educación inclusiva e equitativa e libre de violencias”. Foi por iso que durante este curso organizaron talleres de sensibilización e prevención da violencia de xénero: Ben quererl e Desconectarse da violencia: previndo a violencia no novo contexto dixital, nos que participou o alumnado de todos os centros educativos de Burela.
A concelleira burelesa tamén aludiu “á importancia de traballar cos colectivos máis vulnerables, pois en Burela existe un importante número de mulleres que se encontran en situacións de discriminación múltiple, por ser mulleres e ser dunha raza ou etnia concreta, por ter unha discapacidade, por ter unha determinada idade… Para elo, dende o ámbito local debemos seguir co firme compromiso de construír unha sociedade igualitaria, que garanta os dereitos de todas as persoas e que eses compromisos se plasmen no deseño e xestión de políticas locais que incorporen a perspectiva de xénero en todas as actividades”.
Noelia Mª Ben engadiu que “neste contexto tamén se enmarca o traballo que o Concello está a facer dende xuño de 2021, coa posta en funcionamento da Mesa de Coordinación Institucional contra a Violencia de Xénero, unha iniciativa que busca incrementar o grao e a calidade da coordinación entre todas as administracións públicas do concello de cara á prevención e abordaxe da violencia de xénero, e contribuír así a optimizar a accesibilidade das mulleres afectadas aos recursos a través da coordinación dos servizos de atención do noso ámbito municipal, buscando que sexa unha ferramenta operativa que consiga unha maior eficiencia en todas as actuacións”.
A concelleira de Muller e Igualdade resaltou tamén “a importancia da formación que impartiu o Concello ás/os profesionais que integran a Mesa, que recibiron un plan de formación especializado en violencia de xénero, así como o avanzado estado de preparación do proxecto do Protocolo Burela tecendo rede contra as violencias machistas, como un piar de cara á mellor atención das vítimas no noso municipio”.
Ben concluíu indicando que “aínda que no 8 de marzo reivindiquemos o dereito á igualdade con maior énfase, verdadeiramente todos os días son 8 de marzo. E por iso animamos a toda a cidadanía a seguir esforzándose cada un dos 365 días do ano, para que a igualdade entre mulleres e homes sexa real e efectiva e para que a sociedade sexa, en definitiva, máis xusta con todos e todas”.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



