Abascal e Tamames-Tamames e Abascal- amosaron no pasado debate parlamentario da moción de censura de Vox unha volta á España da caspa (seica millóns aínda viven nela), mentres o PP de Núñez Feijóo non foi quen de se distanciar da proposta do extremismo nin votando en contra nin proxectando na opinión pública unha mensaxe clara de afastamento a respecto de semellante nível de casposidade.
As maiorías sociais na Europa toda entendemos os valores da convivencia plural e da tolerancia. Sendo plurais as nosas sociedades é ben lóxico que as persoas que son os seus representantes políticos teñan distinta fasquía e xeitos de vestir e de se expresar diferentes. Abascal pensa que hai un só xeito de vestir con dignidade nos Parlamentos, porque lle nega a cualidade da cidadanía a millóns que votamos distinto. Velaí o seu radical afastamento co que sinten e pensan as maiorías. A definición política da españolidade que esas verbas reflicten son propias dunha España monolítica, autoritaria e clasista.
Pola súa banda, Tamames asumiu as teses anticientíficas do pseudohistoriador Pío Moa para defender que a guerra civil comezou no 1934 e tentar pór no mesmo nível de desprestixio a legalidade republicana e-na Galicia-estatutaria e a xenocida agresión dos rebeldes franquistas. Tamén tentou vencellar indisolúbelmente o réxime do 78´ á mera evolución monárquica do próprio réxime franquista, cando datou a “democracia española” na aprobación da lei de reforma política de 1976 no canto de a vencellar ao proceso complexo de aprobación da Constitiución e dos Estatutos das nacionalidades que a enchen, amplían e a dotan dun fondo sentido plurinacional que agora os namorados do réxime do 78¨ seica refugan.
Reflectiu tamén Tamames a súa adhesión clasista ás peores propostas económicas da dereita española , ao refugar un moi curto SMI de 1082 €/mes que disque “España no se lo puede permitir” e ao propugnar a extensión da sanidade privada no noso sistema prestacional da saúde pública. E como o benestar público sempre vai vencellado ao autogoberno, propugnou ao tempo que esa extensión da sanidade privada habería desenvolverse ao abeiro dunha xestión sanitaria única, recentralizada dende ese Madrid onde queren negociar exclusivamente as grandes empresas de sector. Tamén propugnou esa mesma recentralización na xestión e contidos da educación, que habería ser unilingüe en castelán.
Proxectaron Tamames e Abascal, Abascal e Tamames, unhas sociedades onde mulleres, inmigrantes, colectivos LGTBI, persoas traballadoras e librepensadoras e todas aquelas que antepoñemos a nosa cualidade nacional galega á formal cidadanía española non haberíamos ter espazo nin voz de noso. Proxectaron unha España da casposidade que rexeita os valores liberais e democráticos da Europa plural de 2023.
Son millóns en todo o Estado os que apoian a mensaxe clasista, machista, iliberal e antigalega de Tamames e Abascal. O máis grave é que aínda non ollamos a única reacción posíbel de Núñes Feijóo: rachar de vez con estes inimigos da democracia e da convivencia.


















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



