Castiñeira explicou que “a devaluación do Plan Único é o mellor exemplo da xestión realizada polo goberno bipartito na Deputación de Lugo” que neste mandato os verbos que conxugou foron: “baleirar, conxelar, devaluar, maquillar e incumprir”
Lugo, 28 de marzo de 2023. O voceiro do Grupo Provincial Popular, Javier Castiñeira, sacou á luz “a falta de obxectividade no reparto de fondos por parte do goberno bipartito da Deputación” poñendo como exemplo que “dos 15 convenios asinados pola Deputación de Lugo cos Concellos neste 2023 por un importe de 5 millóns de euros, 10 foron con alcaldes do PSOE, 4 con concellos do BNG e 1 con alcaldes independentes. Cos Concellos gobernados polo Partido Popular -que ostenta a alcaldía en 31 dos 67 municipios da provincia- foron cero”, explica.
Así o expuxo Castiñeira na súa intervención durante o debate sobre a aprobación do Plan Único de Cooperación cos Concellos 2023, “conxelado e devaluado polo goberno bipartito da Deputación”. Nesa liña, lembrou que “subiron os orzamentos da institución, pero non incrementaron a cooperación cos Concellos, conxeláronllela. Mentres a Deputación de Lugo subiu un 18% o seu orzamentos nos últimos dous anos -un 8% no 2022 e un 10% neste 2023-, o Plan Único quedou conxelado nos 21,5 millóns de euros, a pesar de que o goberno provincial prometera ao inicio do mandato aumentalo”.
O PP pedía no seu momento “incrementar o Plan Único en 5 millóns de euros. Así en lugar de facer as 332 obras que din, probablemente poderiamos estar falando de 400. Pero, o señor Tomé usou eses 5 millóns de euros para afianzarse como líder dos socialistas de Lugo, a través de convenios asinados con alcaldes do PSOE. En lugar de cooperar cos Concellos que é unha das funcións principais das Deputacións provinciais, tirou da carteira para pagar as súas facturas políticas. Se pertences ao club do señor Tomé, tes opción a recibir suplementos electorais a modo de convenios”, segundo expuxo o voceiro dos populares.
Castiñeira lamenta que “ao resto de alcaldes lles tocara axustar e priorizar” á hora de levar a cabo proxectos para os seus Concellos. E felicitounos, igual que aos técnicos municipais por traballar para axustar e rendibilizar o máximo posible as achegas que reciben con este plan” e tamén aos técnicos da Deputación “por telo revisado no menor tempo posible. Son o mellor activo da institución provincial”.
O popular lembrou que “o Plan Único foi deseñado no ano 2017”, cando o Grupo Provincial con Elena Candia á cabeza negociou co goberno en minoría presidido por Campos un reparto obxectivo para tódolos concellos da provincia. “Se fora polo BNG tampouco habería reparto obxectivo”, subliñou. Así mesmo, ante as críticas do goberno bipartito sobre as achegas da Xunta, lembrou que “o Goberno galego achega aos Concellos lucenses a través do Fondo de Cooperación Local a mesma cantidade que a Deputación de Lugo a través do Plan Único “a pesar de que as competencias autonómicas son diferentes e máis diversas”.
BALANCE DO MANDATO
Facendo balance deste mandato, Castiñeira explicou que “a devaluación do Plan Único -nos momentos máis complexos cando máis o necesitaban os Concellos- é o mellor exemplo da xestión realizada polo goberno bipartito na Deputación de Lugo”. E engadiu “Tomé fixo o que lle pediu a señora Ferreiro: baleirar de contido esta institución”. Na mesma liña, Castiñeira sinalou que “os verbos que conxugaron dende o goberno bipartito neste mandato foron os de: baleirar, conxelar, devaluar, maquillar e incumprir”.





















A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



