Mondoñedo, 8 de marzo, 2023. O Concello de Mondoñedo, coa colaboración da Federación Galega de Espeleoloxía, acaba de poñer en marcha a campaña de visitas guiadas á cova do Rei Cintolo do ano 2023.
No presente ano as visitas comezan sendo de fin de semana: os venres, sábados e domingos, ás 12h e ás 17h pasando a engadirse un grupo máis a partir do mes de abril, ás 18:30h.
As visitas turísticas lévanse a cabo na Galería Central da cova sobre un percorrido de 300m que supón unha visita, dentro da cavidade, de 1h e 15minutos aproximadamente.
Pídese, para poder facer as mesmas, unha forma física normal, isto é, non ter problemas de mobilidade, lesións ou problemas cardiorespiratorios. Tamén é preciso facer reserva previa no teléfono da Oficina de Turismo de Mondoñedo 982 50 71 77.
É obrigado traer traer calzado cerrado con fondo de goma que evite esvaróns e recoméndase traer roupa que non importe manchar así como unha muda para despois da visita.
Dende o Concello proporcionarase casco con iluminación, luvas de protección e un traxe desbotable para sobrepoñer á roupa, así como os complementos de hixiene axeitados para cada un destes elementos.
A idade mínima para entrar na cavidade é a partir dos 11 anos e o prezo da visita é de 15€/persoa.
A novidade do presente ano é que, tras a boa acollida do pasado ano, aumentan o número de días nos que se poderá facer visitas á zona do río. Un percorrido máis longo e complexo destinado a persoas cun nivel físico superior. Neste caso as primeiras oportunidades serán durante a Semana Santa.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



