O Executivo galego lembra que a prohibición en 87 zonas de augas comunitarias afecta a caladoiros vitais para a pesca galega, unha actividade fundamental para a economía dun terzo dos concellos de Galicia
Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2023. A Xunta de Galicia presentou esta semana ante o Tribunal Xeral da Unión Europea a demanda de intervención da comunidade autónoma como parte coadxuvante no recurso presentado pola Organización de Produtores Pesqueiros de Burela (OPP-7) e os seus socios contra o regulamento de execución aprobado pola Comisión Europea que veta a pesca de fondo en 87 zonas de augas comunitarias. Se o tribunal acepta a participación como parte coadxuvante, o Executivo galego poderá intervir no procedemento e defender de xeito directo os intereses tanto da frota afectada como do conxunto da autonomía.
De feito, a demanda presentada pola Consellería do Mar fundamenta a súa potestade para exercer esta acción lembrando que a norma que prohibe a pesca de fondo afecta a caladoiros vitais para a frota galega, polo que a intervención neste proceso xudicial “se incardina incuestionablemente nas obrigas e competencias da Xunta en representación do interese público”.
Ademais salienta o impacto socioeconómico que esta medida ten na comunidade, especialmente dependente da pesca en relación co resto de rexións da Unión Europea. Nesta liña, o Executivo galego subliña que o pesqueiro é un sector estratéxico tanto polo seu peso económico como pola súa dimensión social pois aporta o 4,8% do Produto Interior Bruto (PIB) da comunidade, preto do 5,5% do Valor Engadido Bruto e é o cuarto sector con maior volume de exportacións.
A demanda galega tamén incide en que o sector pesqueiro é vital para a economía dun terzo (109) dos concellos galegos, converténdose na actividade principal dalgúns deles como Ribeira (32% do seu PIB) ou Burela, con preto do 20%. De feito, estes municipios son porto base dalgúns dos 200 buques directamente afectados e distribuídos por todo o territorio costeiro galego.
A Xunta lembra ademais o impacto que o veto decretado por Bruxelas está a ter xa no sector e que pode agravarse no futuro. Só nos 100 primeiros días de vixencia desta prohibición as capturas totais da frota afectada descenderon un 22%, unha caída que en moitos casos chegou ao 50%, especialmente para algúns barcos que faenan en augas de Gran Sol.
Nesta liña, a comunidade estima que as perdas directas da frota galega poderían alcanzar os 216 millóns de euros ao ano, unhas cifras que nas lonxas de Galicia ascenderían ata os 228 millóns de euros dado que os portos da comunidade reciben tamén descargas de buques doutras rexións. A isto engádese que o veto pon en risco de xeito directo o futuro desas 200 embarcacións e de preto de 2.300 tripulantes mentres que de xeito indirecto están ameazadas arredor de 900 embarcacións e outros 2.400 profesionais do mar.
Fórmula de defensa
A Xunta segue así coa senda marcada desde o primeiro momento polos xuristas especializados aos que solicitou asesoramento e que incidían en que a mellor fórmula dunha rexión para defender os intereses do seu sector ante o regulamento de execución aprobado pola Comisión Europea era acompañalo como parte coadxuvante.
Este é o primeiro paso nun procedemento no que a comunidade debe xustificar axeitadamente que ten intereses nesta cuestión e que a medida adoptada por Bruxelas ten impacto no conxunto da rexión. Se a súa petición é aceptada, poderá acompañar á frota na súa defensa aportando argumentos e intervindo directamente no procedemento.
O Executivo galego defende a necesidade de paralizar un veto que considera totalmente arbitrario, sen estudos científicos que o avalen, e inxustificado, pois impacta especialmente nunha das artes máis selectivas que existen, o palangre de fondo. Ademais, lembra que non se realizaron informes previos de impacto socioeconómico poñendo así en risco a viabilidade da frota e moitos postos de traballo.






















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



