Coma tódolos anos dende a Asociación Cultural O Pasatempo queremos celebrar a chegada da primavera con unha xornada de actividades para pequenos e maiores que terán lugar o vindeiro domingo día 12 de marzo en Mondoñedo
Mondoñedo, 8 de marzo, 2023. A partir das 12:00h da mañá na Área Recreativa da Fervenza de Viloalle en Mondoñedo inicianse as actividades para nenos e nenas de tódalas idades coa creación dun Mural do día da Árbore a cargo dos Veciños de Viloalle e con xogos infantís a cargo da Delegación de Deportes do Concello de Mondoñedo con Raúl á fronte.
Xa antes, e previa anotación no teléfono 605790091, haberá unha Andaina con saída ás 11h dende a Praza da Catedral e ata a Fervenza, con paso e parado na antiga Electricista Mindoninese.
Arredor das 12:45h plantaranse árbores frutais na Área Recreativa, momento no que se entregarán os premios aos carteis gañadores no XI Concurso de debuxo da Árbore. Todos os que o desexen, poderán recitar poemas adicados á Árbore ou á Natureza durante a plantación e con acompañamento musical. Ademais, durante toda a xornada estarán expostos os debuxos participantes no “XI Concurso de Debuxo da Árbore”, realizado no CEIP Álvaro Cunqueiro e na Escola Infantil Galiña Azul de Mondoñedo, de onde sairon os 2 debuxos gañadores para ser o cartel da festa.
E como fin desta mañá festiva, Anxo Moure, o Carballo con Botas, contaranos a historia “Unha árbore ven a vernos”.
Pero as actividades da Festa da Árbore non rematan aquí, xa que pola tarde na Praza Jaime Cabot de Alcántara, plantarase outra árbore na propia praza ás 19:00h e, posteriormente ás 19:30h no Auditorio, o gran broche do día co Teatro familiar “Duncan de Palleiro”, de Lila Teatro e con entrada de balde.
Como curiosidade, recordar que foi en Mondoñedo onde se celebrou a primeira Festa da Árbore de Europa o 4 de febreiro do ano 1569 sendo rexedor Luis de Luaces, o cal ordenou plantar árbores frutais na hoxe Alameda dos Remedios baixo pena de multa a quen non o cumprise. Para celebralo, trala plantación, ofreceu a todolos veciños unha comida campestre.
Organiza: A.C. O Pasatempo
Colaboran: Concello de Mondoñedo, Veciños de Viloalle, Plataforma Comarca de Mondoñedo Unida, Asociación Abrindo Camiño e IES San Rosendo de Mondoñedo.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



