Ribadeo, 28 de marzo de 2023. O Concello de Ribadeo, a través da especialidade de Dinamización, Programación e Desenvolvemento de Actuacións Culturais do obradoiro de emprego Vilas Coidadoras, que na actualidade se está a desenvolver conxuntamente co Concello de Barreiros, vai por en marcha un proxecto de fomento da lectura dirixido ás persoas adultas maiores.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, explicou que “o Concello quere con este proxecto devolver ao libro e a lectura o valor principal que merece como recurso social, democrático, fonte de coñecemento, de creación de espazos de socialización e de goce así como estimular a memoria e a activación intelectual dirixido principalmente ás persoas do rural. Para elo crearemos una biblioteca nalgunha das parroquias do rural de Ribadeo coa fin de facilitar o acceso aos libros, a creación dun espazo de acceso ao coñecemento así como un lugar de reunión, fomento da lectura e lecer”.
O edil ribadense indicou que “para a posta en marcha desta iniciativa contaremos coas diferentes asociacións do rural para a súa xestión. Con este fin o Concello poñerase en contacto coas distintas asociacións das parroquias para darlles a coñecer o proxecto, contrastar o posible interese en acollelo e colaborar no seu mantemento e xestión no tempo, xa que a idea é que unha vez rematado o obradoiro, aló polo mes de setembro, sexan os propios veciños e veciñas da parroquia na que se instale a biblioteca os que se encarguen, en coordinación co Concello, de xestionar este espazo. Para a localización da mesma atenderemos a criterios de espazo, poboacións así como ao interese e capacidade para contar con ela”.
Vizoso Galdo dixo que “ao fío deste proxecto e con motivo de aportar un fondo bibliográfico diverso vaise por en marcha unha campaña de recollida de libros usados. A doazón pode abarcar todo tipo de libros en bo estado, desde xuvenís, clásicos, ensaio, etc”.
O concelleiro de Desenvolvemento Local seguiu a contar que “os exemplares recollidos, serán previamente seleccionados e catalogados e pasarán a formar parte do fondo da citada biblioteca, que se completará coa adquisición de libros de recente publicación. Os lugares de recollida dos libros serán a oficina de turismo así como a biblioteca municipal”.
Ribadeo cos Libros inclúe a posta en marcha doutras iniciativas: “como a creación de clubs de lectura, actividades lúdicas ligadas á literatura, aumentar o número de persoas socias da biblioteca municipal de Ribadeo, actividades interxeneracionais e colaborativas entre as persoas adultas e os mais novos, así como un buzón de libros que se localizará nun espazo céntrico de Ribadeo”, engadiu Pablo Vizoso.




















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



