Viveiro, 25 de marzo de 2023. O Concello de Viveiro quere volver a explicar a situación na que se atopa a explanada da variante ante as reiteras declaracións dos voceiros municipais ou candidatos a ocupar a alcaldía, que o único que fan é confundir aos veciños e veciñas.
Dende o grupo municipal se é consciente do estado deplorable no que se atopa a zona e por iso se está a facer todo o posible para poder actuar, canto antes, nese espazo.
Neste sentido, cómpre lembrar que o Concello de Viveiro, en base ás necesidades existentes nas zonas dos paseos marítimos de Covas e Viveiro, atendendo á regulación establecida na normativa en materia de Costas e co fin de poder contar coa cesión da propiedade de varios terreos adxacentes a estes paseos que formaban parte do dominio público marítimo terrestre, procedeu á solicitude da regularización da liña interior de ribeira de mar nestes paseos, tendo en conta que perderon as súas características naturais de zona marítimo-terrestre.
Para esta solución lévase traballando dende hai anos, conseguindo que neste momento xa se atope a punto de rematar a tramitación necesaria para a desafectación deses terreos e posterior cesión ao concello por parte de Patrimonio do Estado.
A Dirección Xeral da Costa e do Mar xa aprobou a modificación da liña de ribeira do mar en diversas zonas dos paseos marítimos de Covas e Viveiro, declarando, ademais, a innecesariedade para a protección e utilización do dominio público marítimo-terrestre e acordando solicitar ao Ministerio de Facenda que proceda á desafectación destes terreos.
Así pois, despois da realización de todos estes trámites necesarios para obter a cesión de varios terreos pertencentes ao Dominio Público Marítimo Terrestre, entre os que se atopa a explanada da Variante, pódese informar que xa se está no paso final para acadar este obxectivo, coa tramitación por parte de Patrimonio do Estado da desafectación e cesión destes terreos, tendo rematado xa todos os trámites previos realizados por Costas.
De feito, varios técnicos municipais se desprazaron onte á Xerencia do Catastro en Lugo para concretar determinadas cuestións con respecto a este expediente e avanzar nos trámites para a cesion definitiva ao concello.
Unha vez formalizada a cesión, este concello contará coas competencias para poder proceder ao tan ansiado arranxo da zona da explanada da Variante.
Para poder chegar a este punto foi necesario levar a cabo unha serie de trámites previos que só empezaron a ser receptivos en Costas unha vez que houbo o cambio de goberno en Madrid.
Recórdase, finalmente, que ao longo destes anos o concello, para intentar minimizar os prexuízos causados por esta situación, veu levando a cabo actuacións de carácter provisional, prevendo que por fin, en breve, se poida dar unha solución definitiva.





















A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.



