Viveiro, 28 de marzo de 2023. O goberno municipal lamenta o deplorable estado no que se atopa o peirao de Viveiro, cunha gran cantidade de fochancas e en mal estado.
Nesta situación, Portos de Galicia ofrece ao Concello de Viveiro a posibilidade de asinar un convenio temporal por un período de catro anos (cunha posible prórroga por outros catro anos), no que se establece que o concello debe asumir, entre outras obrigas, a responsabilidade de mantemento e conservación das instalacións, entregando o peirao ao concello no mesmo estado no que se atopa agora.
Evidentemente, enténdese que esta zona ten que derivar no Concello de Viveiro, pero está claro que agora mesmo se atopa nunha situación bastante lamentable e “consideramos que a cesión se debería realizar tras o seu arranxo”.
Consecuentemente, o goberno municipal continúa realizando xestións con respecto ao peirao de Viveiro, buscando a mellor opción para os veciños e veciñas e evitando ter que asumir todos os gastos de arranxo previo e mantemento que pretende Portos de Galicia mediante a sinatura do convenio.
O Concello en ningún momento se nega a realizar as labores de mantemento, pero entende que a cesión debe realizarse en bo estado.
Neste sentido, o Concello de Viveiro está realizando as tramitacións con Costas para levar a reversión do peirao a favor de Costas, propietaria desa zona, e realizar posteriormente unha posible desafectación ao concello para contar así coa súa titularidade.
Nese sentido lamenta que os membros do grupo municipal do PP, cada vez que falan do peirao de Viveiro, non publiquen as fotografías que evidencian o estado real deste espazo.























Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



