Julio Torrado denuncia que “seguen quedándose cos terreos para facer uso abusivo das taxas” e “boicotear aos concellos”
Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2023. O parlamentario socialista Julio Torrado acusou hoxe a Portos de actuar “como usureiro” dos terreos que xa non teñen uso portuario porque están integrados na actividade municipal. Torrado presentou unha pregunta na Comisión de Pesca celebrada hoxe para reclamarlle a Portos que cumpra co acordo aprobado hai dous anos e medio para que reverta nos concellos a titularidade destes terreos que xa non teñen nada que ver coa súa actividade.
Afeoulle a Portos de Galicia que empregue estes terreos, integrados na vida municipal ao desprazarse o porto, para facer “un uso abusivo das taxas” e “cobrar mentres non coidan nada”. Dixo que “desatenden as súas obrigas” mentres “boicotean aos concellos” e “impiden avanzar” mentres amparan a “competencia desleal” dos negocios instalados no seu terreo, que lles pagan taxas a eles en lugar de aos concellos.
Criticou que mentres cobran polo uso dos terreos para a celebración de eventos dos concellos, os ingresos non repercuten no mantemento dos terreos, que “deixan abandonados para que despois os candidatos do PP vaian criticar ao concello porque está mal” aínda que sexa responsabilidade de Portos. Advertiu que “cando lles deixan a vostedes o mantemento morres as árbores, descóidanse os parques e os terreos están destrozados” e non deixan actuar aos concellos.
Lembra que hai dous anos e medio o Parlamento aprobou unha iniciativa presentada polo Grupo Socialista para pedirlles o cambio de titularidade dos terreos sen uso portuario a favor dos concellos. Sen embargo, a día de hoxe no fixeron ningún traslado de competencias, e preguntoulle “se valen para algo máis que para ser o cobrador do frac” e se “van seguir funcionando como un instrumento partidista e seguir a velas vir”.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



