A voceira socialista do Goberno denunciou no Pleno que o 14% das prazas de pediatría primaria están atendidas por médicos que non contan con esa especialidade e que hai complicacións co servizo en máis dunha ducia de concellos
Lugo, 28 de marzo de 2023. A Deputación de Lugo urxe á Xunta de Galicia a que garanta a cobertura pediátrica con especialistas a todos os nenos e nenas da provincia. Así se acordou no Pleno ordinario do mes de marzo celebrado este martes, a raíz dunha proposta presentada polo Goberno provincial, que saíu adiante cos votos a favor do PSdeG e do BNG e o voto en contra do PP.
Expuxo a voceira socialista, Pilar García Porto, que segundo os datos do sindicato O’Mega, en Galicia hai 11.000 nenos e nenas sen pediatra asignado e que, atendendo aos datos da Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria, o 14% das prazas de pediatría están atendidas por médicos que non contan con esa especialidade. Cuestión que demostra que “a xestión que se fixo da sanidade pública en Galicia é nefasta”.
“A infancia é unha etapa fundamental para as persoas, con doenzas específicas que requiren a atención de especialistas”, denunciou García Porto. Nese sentido, puxo sobre a mesa que na provincia de Lugo hai 2 prazas de pediatría sen cubrir nos centros de saúde, que o cadro de persoal de pediatras da provincia conta con 35 profesionais, dos que preto dun terzo -11- non son especialistas. “É o momento de tomar cartas no asunto por parte de quen ten a responsabilidade”, subliñou.
Denunciou García Porto que hai problemas na atención pediátrica en máis dunha ducia de concellos da provincia como Abadín, Alfoz, Baralla, Becerreá, Castro de Rei, Castroverde, O Corgo, A Fonsagrada, Foz, Mondoñedo, Outeiro de Rei, Ribadeo, ou O Valadouro. Puxo como exemplo o caso de Foz, que só ten pediatría a media xornada, cando é un servizo que comparte con outros concellos como os de Alfoz e O Valadouro.
A institución provincial insta tamén ao Goberno galego a que remate coa política de recortes de persoal e adopte as medidas necesarias para repoñer, coa maior brevidade posible, os cadros de persoal nos servizos de pediatría; e que atenda ás recomendacións das organizacións profesionais á hora de deseñar o modelo de atención de urxencias pediátricas, para evitar que a falla de atención nos centros de saúde se traduza logo no colapso dos centros hospitalarios.
Incremento do complemento das pensións
O Pleno tamén sacou adiante unha moción presentada polo grupo do PSdeG, cos votos a favor dos socialistas e do BNG e o voto en contra do PP, para que a Xunta de Galicia incremente o complemento autonómico das pensións non contributivas na mesma porcentaxe –do 15%- que o Goberno ten decretado para estas prestacións no conxunto do Estado.
Subliñou García Porto que o incremento do 6% en Galicia é moi inferior ao acordado polo Goberno do Estado, que as 4.400 persoas que perciben estas prestacións na provincia de Lugo recibirán da Xunta de Galicia, unha paga de 218 euros, o que supón “unha suba real de aproximadamente 13 euros” divididos en 14 mensualidades: “Unha cantidade que exemplifica ben o grao de preocupación dos gobernos do PP polos nosos pensionistas”.
“Nos 12 anos de goberno dos populares, o incremento total ten sido de 18 euros ao ano, é dicir, un incremento de apenas 0,75% cada ano”, denunciou a voceira socialista, que contrapuxo que grazas á suba das pensións aprobada polo Goberno do Estado, “un pensionista lucense percibe de media uns 80 euros máis ao mes”.



















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



