Patricia Otero resalta que o goberno de España e a Deputación da Coruña xa estableceron xa liñas de axudas, esta última a pesar de non ter competencias
Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2023. A voceira de pesca do grupo socialista, Patricia Otero, denunciou hoxe na comisión 8ª de Pesca e Marisqueo que a Xunta está a incumprir o acordo parlamentario que lles obriga a establecer liñas de axudas directas ao sector da pesca de cerco galego, ante a parada biolóxica da pesca do xurelo.
O acordo que se aprobou a iniciativa do grupo socialista recollía demandas para o goberno central e para o autonómico. Otero insistiu en que o Ministerio de Pesca cumpriu e estableceu un acordo cos afectados para crear ese paro biolóxico afectado e liñas de axuda directas para que subsista durante este tempo onde non poden realizar a súa actividade, incluíndo ademais á pesca de artes menores.
A maiores, a Deputación da Coruña, sen competencias neste ámbito, aprobou unha liña de axudas de case 700.000 euros para os 56 barcos afectados na súa provincia,co obxectivo de pagar os gastos á seguridade social durante o paro e evitar despidos. A institución gobernada polos socialistas “observaron as necesidades e actuaron”, alegou Otero.
Patricia Otero criticou ao director xeral de Pesca que a súa consellería só se limitara a “actuar como meros comentaristas da acción do goberno central sen aportar axuda algunha ao sector”. Polo que esixiu que cambien a súa actitude a unha “máis proactiva” para apoiar o mantemento do sector do cerco.
Ante a constante derivación de responsabilidades do director xeral e da conselleira do Mar cara o goberno central, Otero recordoulle que “non estamos a falar de Madrid, senón de Malpica, Portosín, Sada e Camariñas“, polo que a Xunta ten que ser responsable e aplicar axudas para a supervivencia dun sector do que dependen milleiros de familias no territorio.


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



