Será este xoves, ás 20:30 horas na Sala Bahía. É unha obra para adultos escrita por Vicente Risco, dirixida por Quico Cadaval e o elenco está formado por tres coñecidos actores: Patricia Vázquez, Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira. O prezo da entrada é de 5 euros.
![Para conmemorar o Día Internacional do Teatro, a Delegación de Cultura do Concello de Foz organiza a representación da obra O porco de pé a cargo de Producións Teatrais Excéntricas](https://www.cronica3.com/wp-content/uploads/2023/03/CARTEL-TEATRO-O-PORCO-DE-PE-EN-FOZ-23-03-23.jpg)