Xove, 3 de marzo, 2.02. 3O Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, celebrará o Día da Muller cun amplo e variado arco de actividades
XOVES, 9 DE MARZO ÁS 12:30 H. Concentración na praza do Concello, lectura manifesto e solta de globos, coa participación do alumnado do IES Illa de Sarón.
DOMINGO, 12 DE MARZO ÁS 17:30 H. Chocolatada “Día da Muller”, homenaxe ás mulleres do Club de Bolos. Salón de Actos.
MARTES, 14 DE MARZO ÁS 10:30 H. Teatro pola igualdade “A Gran Pequena Inventora” con Trémola Teatro, dirixido a nenos e nenas de 2 a 5 anos. Salón de Actos.
VENRES, 24 DE MARZO ÁS 19:30 H. Charla “Saúde en feminino: o solo pelviano”. Impartido pola matrona María González Cociña.
Este amplo Programa conta co patrocinio do Ministerio de Igualdad / Pacto de Estado contra la violencia de género.






















Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.



