O prazo de inscrición está aberto ata o próximo 31 de marzo, e as persoas interesadas deben realizar o ingreso de 35 euros na conta ES8120800160463040012494
Cervo, 28 de maio de 2023. O Concello de Cervo acollerá o vindeiro sábado 8 de abril a Gran Festa das Xeracións, organizada polo club de trail local A Fume de Carozo, creado a principios deste ano, coa colaboración do Concello de Cervo.
A cita, que terá lugar na carpa instalada na Praza dos Campos, en San Cibrao, foi presentada polo rexedor, Alfonso Villares, pola edil de Cultura, Dolores García Caramés, e polos membros de A Fume de Carozo, Pepín, Beto e Alejandra.
A Fume de Carozo creouse como club en xaneiro deste ano, formado por un grupo de amigos aos que os une a paixón polo deporte ao aire libre, co obxectivo de “desfrutar xuntos da natureza pero tamén de compartir experiencia e pasar bos anacos entre amigos”, precisan. Así xurdiu esta Festa das Xeracións -apuntan-, como un complemento ás xuntanzas deportivas “coa intención de realizar unha xornada de convivencia e de reencontros entre persoas da mesma xeración, ou mesmo para forxar novas amizades, porque a cita está aberta a toda a poboación da Mariña”, apuntan.
Ese día está previsto un xantar preparado por Seiramar a base de empanada, lagostinos, carrilleiras asadas, sobremesa, bebida, café e chupito; organizado, a priori, por xeracións, en función do ano de nacemento das persoas inscritas”. Haberá moita música, sorteos e moitas sorpresas durante a xornada.
As persoas interesadas teñen ata este venres para anotarse facendo unha transferencia de 35 euros ao número de conta ES8120800160463040012494, enviando o xustificante de pago por whatsapp ao número 634 36 82 94 (que xa non admite máis ingresos por bizum, ao superar o número máximo permitido nun mes por esta plataforma).





















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



