O proxecto presentado chámase ‘Viveiro histórico e familiar’
Viveiro, 6 de marzo de 2023. O Concello de Viveiro solicitou unha subvención para elaborar un Plan de Sostenibilidade Turística en Destino para a vila, dentro dunha convocatoria aberta polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo con fondos Next Generation.
Trátase dunha convocatoria extraordinaria na que se subvencionaría o 100% do proxecto, chamado ‘Viveiro histórico e familiar’ e cun orzamento de dous millóns de euros. Nos vindeiros meses sairá unha convocatoria ordinaria, á que tamén vai optar o concello, presentando accións complementarias ás presentadas nesta convocatoria extraordinaria.
Para a elaboración deste proxecto levouse a cabo un proceso de participación cidadá, a través de enquisas, e unha reunión co sector turístico, para que tanto os cidadáns como o propio sector puidesen realizar as súas achegas.
“O obxectivo é potenciar Viveiro como un destino turístico modernizado e sostible conectando ao visitante coa natureza e o patrimonio cultural costeiro; reforestando e rexenerando espazos naturais, apostando por experiencias de realidade virtual do patrimonio histórico, así como o deseño de novos roteiros de sendeirismo que dinamicen o municipio e eviten a estacionalidade”, explica a alcaldesa, María Loureiro.
“Queremos formentar xeración dun modelo de turismo con identidade propia ofrecendo actividades vinculadas á natureza, o patrimonio e o turismo familiar. Este proxecto nace dunha necesidade de modernizar o sector turístico de Viveiro e facer del un destino sostible e atractivo, á vez que se transforma a oferta turística existente logrando así a desestacionalización da actividade turística e a inclusión de actividades turísticas de natureza, familiares e culturais nun destino costeiro”, engade.
Ao longo do desenvolvemento deste proxecto contempláronse diferentes actuacións, todas elas de moita relevancia, pero lamentablemente, atendendo aos requisitos da propia convocatoria, non se puideron incluír todos os que lle gustaría ao concello e sería interesante levar a cabo.
O proxecto contempla catro eixes de actuación:
-Transición verde e sostible: reforestación do Parque Pernas Peón e a súa apertura á praia e ao paseo marítimo; exeneración ambiental da praia de Covas; creación de rutas de senderismo nas zonas das marismas do Landro, e mellora do abastecemento da auga.
-Mellora da Eficiencia enerxética: instalación de puntos de carga para vehículos eléctricos; implementación dun sistema de préstamo de bicicletas, e 1ª fase do carril bici de Viveiro.
-Transición dixital: proxecto de recreación en realidade virtual do Viveiro Patrimonial co seu soporte para App e Web; actuación, mellora e accesibilidade da páxina web e da App de turismo, e dixitalización de folletos e información turística.
-Competitividade; reubicación, arranxo, adaptación de accesibilidade e cuberta do Parque Infantil de Lodeiro para poder ser utilizado tanto en días de chuvia como de moito sol; mellora da sinalización turística do municipio; mellora da accesibilidade da praia de Covas; posta en valor dos restos das baterías militares existentes na ría, ubicadas na Atalaia de Celeiro e na Insua; campaña de marqueting para a promoción do concello, e oficina de xestión para xestionar o propio plan.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



