Novas aíndas non confirmadas din que o anterior Xefe do Estado, Juan Carlos de Borbón, chegará a Sanxenxo o vindeiro mércores 19, para adestrar co seu barco Bribón a vindeira fin de semana cara ao campionato do mundo de vela de clase 6mR que se desenvolverá na vila galega entre o 9 e o 18 de xuño. Diversas fontes advirten que seica non se confirme a viaxe, mais que o Emérito quere concorrer a ese evento deportivo en xuño e quere partillar nalgún dos adestramentos, polo que se non ven agora viría no vindeiro maio.
Desta volta hai quen afirma que a viaxe non acadou o nihil obstat nin do seu fillo o Xefe de Estado nin de Pedro Sánchez. Mais seica na Zarzuela e na Moncloa refugan explicacións coa andrómena de que a viaxe do Borbón é privada, esquecendo que a súa simple presenza pública na Galicia sen dar explicacións do seu vergoñento comportamento anterior constitúe unha nidia mensaxe política e proxecta dúas ideas-forza: que o Goberno do Estado non controla a Casa Real e que Felipe e Juan Carlos de Borbón partillan intereses ou segredos que impiden ao primeiro imporse ao segundo como Xefe da Familia.
Cumpriría lembrar que a Fiscalía arquivou as pescudas a respecto dos presuntos comportamentos delictivos do Borbón non pola falla de pegadas de condutas penalmente tipificadas (que si se constataron), senón, a respecto dalgunhas delas, porque o Constitucional coida que non pode ser axuizado por feitos ocorridos durante o seu mandato (rematado o 19 de xuño de 2014) e, no que atinxe ás posteriores, pola prescrición dos delictos. Mais semellan existir indicios abondo de que o Emérito posúe un patrimonio que diversas fontes aquelan en máis de 2000 M€. Un patrimonio do que definiitvamente non pagará nunca impostos por se radicar fóra do Estado e mesmo da EU. Un patrimonio xerado dende fontes irregulares e incompatíbeis co exercicio da Xefatura constitucional do Estado, por definición constitucional exclusiva e excluínte, que desenvolveu entre decembro de 1978 e xuño de 2014.
O presidente Rueda manifestou que a cidadanía galega apoia maioritariamente esta nova viaxe do anterior Xefe de Estado. Mais, como afirma aqueladamente o xornalista Xabier R. Blanco, non pode saber tal por non existir enquisas fiábeis neste senso. As poucas enquisas existentes, pola contra, reflicten que este país é dos territorios menos monárquicos do Estado. Rueda xa habería saber que Galicia é moito máis ca os círculos do alcalde e do presidente do Náutico de Sanxenxo. Mesmo nin a veciñanza nin a hostalería sanxenxinas son unánimes nesta opinión.
A Monarquía parlamentaria esixe de moi altos níveis de transparencia e deexemplaridade que sexan quen a compensar a desigualdade da herdanza. E, no caso da Monarquía borbónica, non lles hai vergoña ningunha.


















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



