Foz, 19 de abril de 2023. “A Festa do Berberecho do pasado sábado, 15 de abril, resultou un éxito rotundo porque foi a edición con máis xente que se recorda”. Así valorou o alcalde de Foz, Fran Cajoto, a 21ª edición dunha Festa do Chícaro que mudou a data de celebración de xaneiro a abril. O rexedor municipal explica: “buscamos unha mellor climatoloxía, máis horas de luz e, sobre todo, afastarnos dun mes de xaneiro que é complicado economicamente para as familias e nun pobo que xa está pensando no Carnaval. Probamos e sorprendeunos a acollida, estamos máis que satisfeitos co resultado”.
Unha xornada gastronómica na que o alcalde destaca o bo facer da Escola de Hostalería, con Suso Liste á cabeza, e a calidade musical de Mar Aberto, A Subela e O Feitizo, que acompañaron un pregón de Martín Vizoso “reivindicativo e instrutivo, de dez”, comentou Fran Cajoto, quen tamén salientou que “houbo moita xente, especialmente do interior da provincia, e esgotáronse as existencias”.
Pola noite destacou o espectáculo de El Combo Dominicano, a primeira actuación da xira 2023 desta orquestra na Mariña. “Estamos sempre pendentes da xente nova e intentamos programar eventos que lles gusten ás rapazas e rapaces. Á vista está que foi un acerto: teño que felicitar a todos os traballadores municipais que o fixeron posible”, rematou o alcalde.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



