Tras 15 minutos sen encontrar o gol, chega a procesión de goles, deixando o marcador rival a 0
Burela, 6 de abril, 2023. Ás 19.15 desta tarde no Pavillón Municipal de Carrús, en Elche, disputábase o encontro da xornada 24 de Primeira Federación Feminina de Futsal, Clínica Blasco – Visitelche Vs Pescados Rubén Burela FS, cun resultado final de 0-8 para as Guerreiras Laranxas.
Na primeira parte ao Burela cústalle atopar o gol durante os primeiros 14 minutos, nos que ten numerosas oportunidades, de Antía Perez, varias de Dany e Emilly, entre outras. Julio Delgado decide recorrer á porteira-xogadora, con Patricia, e chega o 0-1 cun gol de Emilly tras un pase de Peque. No minuto 16 Irene Samper marca un golazo tras unha recuperación e un caño a Anais Torres. Xusto antes do descanso, Patricia anota o 3-0.
Tras o descanso, no minuto 26, chega o primeiro gol de Saki co Burela FS, cun remate de cabeza tras un bo centro de Patricia, e tres minutos despois chega outra estrea na clasificación de goles, esta vez Caridad, que cunha puntería de 10, mete un golazo a porta baleira cando o Elche atacaba con porteira-xogadora. Chega o sexto gol no minuto 31 da man de Emilly despois dunha triangulación con Antía e Dany. Segundos despois Dany anota o sétimo gol cun remate de cabeza tras un tiro de Peque desde o outro lado da pista. Finalmente chega o oitavo gol, segundo de Irene Samper neste partido, a cinco minutos de finalizar o encontro.
Julio Delgado móstrase orgulloso e contento co resultado e co seu equipo, demostraron solidez, moi boa defensa e moi bo ataque. Espéralles un longo camiño desde Elche ata Burela pero levan os 3 puntos unha vez máis e prepáranse para o próximo partido no que se enfrontan ao primeiro da táboa no que é xa todo un “clásico”, esta vez en Vista Alegre.
Ficha Técnica Clínica Blasco – Visitelche Vs Pescados Rubén Burela FS
Clínica Blasco – Visitelche: Tere (P), Judit (C), Peque, Eli, Aitana, – cinco inicial -, Sara, Bianca, Lydia, Sasha, Mariia, Anais (P)
Pescados Rubén Burela FS: Jozi (P), Dany, Cilene, Peque (C), Emilly – cinco inicial- Saki, Jenny, Antía Pérez, Irene Samper, Patricia, Caridad (P).
Goles: Min.15 Emilly 0-1; min.16 Irene Samper 0-2; min.19 Patricia 0-3; min.26 Saki 0-4; min.29 Caridad 0-5; min.31 Emilly 0-6; min.31 Dany 0-7; min.35 Irene Samper 0-8.
Equipo Arbitral: Andrés Botella López, Francisco José Castillo López, Sergio López Nicolás, Pedro José Saurin Morán.
TR: min.13 Tere.




















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.


