O clásico Pescados Rubén Burela FS – Futsi Atlético Navalcarnero foi o partidazo da tempada de Primeira Federación de Futsal Feminino. As Guerreiras Laranxas loitaron o empate e pudieron levarse máis
Burela, 15 de abril, 2023. Ás 18.30 horas desta tarde no Pavillón Municipal Vista Alegre de Burela disputábase o encontro da 25 xornada de Primeira Federación de Futsal Feminino, Pescados Rubén Burela FS – Futsi Atlético Navalcarnero. O clásico foi un partidazo de pés a cabeza, con varias decisións arbitrais cuestionadas, a bombonera foi un espectáculo na pista e na bancada, cunha afección entregada e un aforo case cheo.
A primeira parte comeza costa arriba para o Futsi tras o que parece unha lesión de Lorra na perna esquerda, non podendo continuar o encontro. Desde o club esperamos unha pronta recuperación da xogadora. Continúa o xogo e tras varias oportunidades de ambos equipos, dúas claras de Dany, unha no minuto 2 que vai ao poste e outra no 3 despois dun contraataque e pase de Emilly chega o primeiro gol do Futsi, cun pase desde a banda a Becha que encaixa o balón na portería do Burela. No minuto 11 chega o 0-2 cun gol de Laura Córdoba despois dun córner. Varias oportunidades de Irene Samper, a primeira no 12 que para Belén e a segunda no 15 cun moi cuestionado balón que parece que entra na portería en dúas ocasións, pero as decisións arbitrais non o dan como válido. Outra oportunidade de Irene Samper ao pau no mesmo minuto e outro tiro de Antía no 17 que sae fóra preceden o golazo de Emilly cun tiro directo de falta. O marcador queda 1-2 ata o descanso.
Na segunda parte Becha volve subir o marcador a dous goles de diferenza no minuto 23, 3-1. No minuto 27 Patricia recorta distancias de novo co 3-2 pero segundos despois María Sanz volve poñer o marcador a dous goles, 4-2. No minuto 33 Irene Samper, que fixo un gran partido, volve recortar co 3-4 e o o 37, Antía empata o encontro cun gol tras varios pases e rebotes en primeira liña de portería.
Un Julio Delgado que se vai “contentísimo”, pensa que poderían levarse os 3 puntos, móstrase moi satisfeito co empeño que puxo o seu equipo, “en tres veces atopámonos con dous goles por baixo contra Futsi, contra un gran equipo, e nunca se baixaron os brazos, iso di moito deste Burela”. Recoñece varios erros que deben volver traballar e refrescar, pero en liñas xerais quédase co empuxe que mostraron durante os corenta minutos.
Ficha Técnica Pescados Rubén Burela FS – Atlético Navalcarnero
Pescados Rubén Burela FS: Caridad (P), Dany, Cilene, Peque (C), Emilly – cinco inicial- Saki, Jenny, Antía Pérez, Irene Samper, Patricia, Jozi Oliveira (P).
Atlético Navalcarnero: Belén (P), Ari, Ame Romero, María Sanz, Lorrana – cinco inicial -, Becha, Leti (C), Irene Córdoba, Lucía, Laura Córdoba, Marta Balbuena (P)
Goles: Min.7 Becha 0-1; min.11 Laura Córdoba 0-2; min.17 Emilly 1-2; min.23 Becha 1-3; min.27 Patricia 2-3; min.27 María Sanz 4-2; min.33 Irene Samper 3-4; min.37 Antía Pérez 4-4.
Equipo Arbitral: José Manuel Carreira Romero, Rubén Ferrero Carballal, Andrea de Luis Iglesia, Ander Orbegozo Cantón.
TA: min.15 Leti, min.18 María Sanz, min.18 Irene Córdoba, min.30 Dany, min.32 Cilene, min.33 Ame Romero, min.37 Laura María Bordero (Fisioterapeuta), min.39 Alberto Arranz (2º entrenador)





















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.


