A subdelegada participou este xoves na presentación da iniciativa “Montes e Vales Orientais Territorio Rural Intelixente”
Ribeira de Piquín, 13 de abril de 2023. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, destacou hoxe en Ribeira de Piquín a necesidade de desenvolver proxectos de innovación social na provincia para facer fronte ao despoboamento do medio rural. “Dende as administracións é urxente traballar para dar resposta a unha responsabilidade común como é o reto demográfico, por iso debemos contribuír ao reequilibrio territorial e garantir a igualdade de oportunidades para que as persoas que viven no medio rural sigan vivindo del, ao tempo que atraemos e asentamos nova poboación nas nosas vilas”, manifestou a subdelegada.
Isabel Rodríguez, xunto a outras autoridades, participou este xoves na presentación da iniciativa “Montes e Vales Orientais Territorio Rural Intelixente” da FEGAMP e do GDR que ten como principal obxectivo a transformación das aldeas e vilas desta zona da provincia en espazos para a vida, o emprego e a autonomía da comarca.
Na súa intervención, a subdelegada subliñou que o reto demográfico “é un reto democrático que temos que atender” e remarcou que este tipo de propostas deben ir acompañadas do desenvolvemento de servizos públicos esencias de calidade, asegurar a funcionalidade do territorio con infraestruturas para a conectividade, tanto física como dixital, e facilitar a xeración de proxectos empresariais, culturais e sociais nos municipios.
“Porque o Lugo de interior non está baleiro nin está só. A forza, a perseveranza e a creatividade de persoas, do tecido asociativo dos pobos, de cooperativas, de produtores e emprendedores sociais, de organizacións da sociedade civil e das entidades locais, que combaten o declive socio-económico desde hai tempo, esixen para poder desenvolvelo unha cobertura de dereitos en condicións de igualdade”, engadiu.
Neste aspecto, Isabel Rodríguez felicitou á FEGAMP e ao GDR Montes e Vales Orientais por levar a cabo este tipo de proxectos e ideas pensadas no futuro dos pobos, detectando iniciativas e oportunidades que demostran o coñecemento das necesidades do territorio e os retos aos que se enfronta, tal e como reflicte que dos 13 municipios que conforman este espazo, con máis de 2.500 quilómetros cadrados de territorio, tan só conta con 22.000 habitantes.
Por último, a subdelegada advertiu que reverter décadas de concentración urbana e de abandono rural é un proceso longo e complexo que require impactos de transformación urxente e iniciativas que calen no tempo. “Por iso é a hora de sumar entre todos, de traballar máis e máis rápido, para aproveitar os recursos dos que dispoñemos”, apuntou.
Territorio Rural Intelixente
O plan “Montes e Vales Orientais Territorio Rural Intelixente” comprende tres liñas principais de actuación que consisten na creación dun Centro de Innovación, Emprendemento e Participación Social, un proxecto piloto de vídeo asistencia socio-sanitaria dirixida ás persoas maiores e a promoción de vivenda de alugueiro para fixar poboación. O GDR abarca os municipios da Pontenova, Meira, Ribeira de Piquín, Pol, A Fonsagrada, Negueira de Muñiz, Baleira, Navia de Suarna, Baralla, Becerreá, Cervantes, Láncara y Pedrafita do Cebreiro.





















A representación terá lugar este sábado día 18, ás 19:30 horas, no local social da Asociación de Veciños de Marzán, un dos destinos habituais nas xiras anuais da compañía. O Centiño mantén así a tradición de visitar este espazo, onde agarda compartir co público unha tarde divertida e chea de humor. A agrupación teatral continúa así coa difusión da súa nova obra, que segue a percorrer diferentes escenarios da comarca.
Dezaoito locais hostaleiros de Ribadeo, Rinlo e Vilaframil ofrecerán diversas preparacións ata o vindeiro domingo: en escabeche, en salpicón, en empanada, ao allo, á prancha, en albóndega, etc… Todas as propostas poden consultarse nas redes sociais de Acisa Ribadeo, que agradece “unha vez máis o apoio da OPP do Porto de Burela, que nos doou 90 quilos de cabala para estas xornadas, produto que entregamos de xeito gratuíto aos locais participantes. Achegámoslles así unha parte do peixe que empregarán nesta nova cita gastronómica na que tamén colabora o Concello de Ribadeo”. Ata o porto, ao restaurante Marinero, se achegaron este mediodía o director territorial da Consellería de Mar, Alexandre Piñeiro, as concelleiras ribadenses Montse Seijo, Elena Sierra e Begoña Sanjurjo, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez, e o técnico de Acisa, Jorge Fernández, que puideron degustar as elaboracións realizadas por este establecemento hostaleiro.
Durante a xornada Lionel compartirá a súa experiencia no mundo da escrita, dando a coñecer os seus procesos creativos e as temáticas que caracterizan os seus libros. O acto incluirá un coloquio participativo cos asistentes do club onde poderán preguntar e intercambiar opinións co autor sobre o libro lido “A raíña das velutinas”.
O sábado terá lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 24 de abril na Casa do Concello (Cervo) ou na Casa da Cultura (San Cibrao). A actividade está dirixida a persoas pensionistas empadroadas no municipio. Trátase dunha xornada pensada para compartir, celebrar e desfrutar en comunidade.



