A número 2 da lista, Raquel Rouco Iglesias, defende a Juanjo Fraga como “un candidato moi capaz” pola súa defensa dos intereses de Alfoz e dos seus veciños
Alfoz, 16 de abril de 2023. O Partido Popular de Alfoz presentou onte pola tarde, no restaurante O Frenazo, aos membros que formarán parte da súa candidatura para as vindeiras eleccións municipais encabezada polo empresario e enxeñeiro agrícola, Juanjo Fraga. A este acto asistiron representantes da dirección provincial do partido, entre eles, o vicepresidente, Francisco Conde, o coordinador xeral do partido, José Manuel Balseiro Ourol e alcaldes e voceiros próximos a zona.
O candidato encabeza a lista popular “con moita ilusión e compromiso” e co obxectivo de facer un proxecto de futuro para reconducir a xestión do concello que nos últimos anos perdeu moitos servicios ante a ineficiencia do goberno local. O alcaldable destaca que o PP de Alfoz concorre nas vindeiras eleccións do 28 de maio cun equipo que conta con xente con “moita experiencia, cualificada e implicada no Concello”. Ademáis resalta que “contamos con xente que a pesar de non compartir ideais políticos, si compartimos as inquietudes sobre o Concello de Alfoz”.
A número 2 da lista figura, Raquel Rouco Iglesias, defende a Fraga como cabeza de lista pola súa ampla capacidade de xestión. “É un candidato máis que capaz, sempre estivo defendendo os intereses de Alfoz e propoñendo accións para mellorar o Concello e a vida dos veciños”. En relación ao equipo de traballo que conformaron, Rouco explica que “somos unha candidatura cun equipo que conxieñamos moito desde o principio e que temos unha ilusión moi grande por traballar. Imos loitar por facer de Alfoz un lugar no que construír un proxecto de vida.”
Por outra banda, o alcaldable cre que “os afiliados merecen que poñamos todo o mellor de nós e traballar para que o partido sexa a forza maioritaria no concello”. Ademais engade que “sempre apostei por Alfoz como un lugar de residencia e como un lugar para impulsar proxectos laborales e persoais, despois de todo, temos que ser partícipes e traballar nunha mellora dos servizos para que a xente poida traballar, vivir e instalarse en Alfoz.
LISTA
1. Juan José Fraga Paz
2. Raquel Rouco Iglesias
3. Nerea Pena Vigo
4. Jessica García Fraga
5. José Juan Lorenzo Rubal
6. Andrea Fernández Rico
7. Rubén Fraga Goás
8. María Flor Pardo Rivera
9. Marco Vázquez López
10. Iván Fernández Pernas
11. Alberto Souto Franco
12. Ana María Martínez Rego
13. Fernando Rico Val
14. Sandra Vizoso Cora
15. Jesús Paz Pumares

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



