Paritaria ao 100%, a candidatura representa as diferentes parroquias e está formada por “xente xove con preparación, ilusión e experiencia laboral nos diferentes sectores da sociedade viveirense”
Viveiro, 29 de abril de 2023. “Somos un equipo de 27 persoas comprometidas co futuro de Viveiro e cunha gran responsabilidade polos problemas da cidade”. Así se referiu a candidata á alcaldía deste municipio, Mariña Gueimunde, aos compañeiros que integran a candidatura coa formación popular concorre ás elección municipais do 28 de maio.
Trátase, segundo apuntou, “dun gran equipo”. É unha lista 100% paritaria que representa as diferentes parroquias do concello. “Xente xove con preparación, ilusión e experiencia laboral nos diferentes campos; unha mostra, dixo, do que é verdadeiramente a sociedade viveirense”.
Tal é así que o perfil profesional dos integrantes está vinculado co sector empresarial, hostalería, docencia, do mar, do deporta e mesmo estudantes. “Traballadores e traballadoras valentes que desexan resolver os problemas das nosas parroquias e devolver o esplendor a Viveiro”, remarcou a alcaldable.
Arroupada por membros da dirección provincial como Javier Nodal (secretario xeral) e José Manuel Balseiro (coordinador xeral), do grupo popular no Congreso dos Deputados (Jaime De Olano) e do PPdeG como o tamén presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, trasladou asos asistentes que constitúen “un grupo unido con un único obxectivo: traballar por Viveiro;
un equipo disposto a pelexar pola alcaldía baixo as siglas do PP, Partido do que tan orgullosos nos sentimos”, manifestou.
“VOTO ÚTIL”
Na quenda de intervencións os representantes provinciais, autonómico e nacional coincidiron en destacar a importancia de que se produza un cambio de goberno local. E é que votar ao PSOE “non sería útil para un pobo como vivairense” porque, sinalaron, “os dirixentes socialistas dos últimos anos non impulsaron nin un só proxecto que servise para mellorar a calidade de vida ou para impulsar Viveiro socioeconomicamente. É dicir, se os cidadáns queren que o concello siga estancando, a solución é seguir tendo ao socialismo no poder; se queren que este municipio volva a ser un referente na Mariña e na provincia, a opción só pasa por apoiar ao Partido Popular”, remarcaron.
Para os populares estase a demostrar “pola vía dos feitos” que as políticas socialistas “non foron nin son rendibles”. A causa, concluíron, “é que o PSOE de Viveiro é o mesmo que o PSOE da Deputación e o PSOE de Pedro Sánchez”; de aí que “cando algo non funciona como está a acontecer en Viveiro, na provincia e no Goberno sexa importante cambialo”.
CANDIDATURA AO COMPLETO
Os 27 membros da candidatura son os seguintes:
Titulares:
1.María del Carmen Gueimunde González
2.Martín Vale Cobo
3.Domingo González López
4.Pablo Varela Sánchez
5.Saray Ventura Fernández
6.Vicente Vázquez Chao
7.Erea Rivera Vázquez
8.Francisco José Cora Fernández
9.Virginia Fernández Lage
10.Verónica Mantilla Rodríguez
11.Laura Díaz Lamelas
12.Elena González Eijo
13.María José Dablanca Ferreño
14.José Darío Paz Veiga
15.Marta García López
16.Alejandro González López
17.Carlos Martínez Fernández
Suplentes:
1.Cristina García Lage
2.Jorge Gómez Santos
3.Gabriel Timiraos Delgado
4.María Regina Pigueiras Domínguez
5.Felipe López Fernández
6.Fátima María Fernández Gómez
7.Francisco Rivas Cao
8.José Camilo Arias Rial
9.Claudia Esperanza Romero Ramírez
10. Antonio Fabián Cazas García





















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



