O Vicedo, martes 25 de abril. O BNG presenta a Miguel Gómez Fraga como candidato á alcaldía de O Vicedo. Mantedor mecánico na factoría de Alcoa e tamén gandeiro, este vicedense de 31 anos, vinculado así mesmo ao mundo do motor a través de equipos de rally, lidera unha candidatura con ideas claras, con proxecto e vontade de sumar.
“Imos traballar coa máxima ambición e imos dar o mellor de nós. O noso obxectivo é obter o mellor resultado posible para levar adiante o noso proxecto municipal co que queremos liderar a mellora e o avance que desexamos para O Vicedo, para que teña un horizonte de futuro” manifestou Gómez Fraga, que engadíu tamén que “somos conscientes que no noso concello hai persoas que queren, coma nós, o mellor para O Vicedo, polo que queremos dialogar, sumar e contar con quen tén boas ideas para mellorar a vida das veciñas e veciños e para facer valer os intereses do noso concello”.
No número 2 figura Adrián Piñón Domínguez, que foi concelleiro tamén na corporación vicedense. No numero 3 vai Xosé Penabade González e no 4 Susana Riveira, no seu día tamén concelleira do BNG. Continúa a lista con Jaime Baltar Infante no nº 5, Chus Polo Pigueiras no 6, Sandra Gómez no 7, Xosé Riveira Fernández no 8 e no 9, pechando a candidatura Néstor Rego Candamil, deputado no Congreso, vicedense e natural da parroquia de Cabanas.
“Para o BNG de O Vicedo é unha honra que Néstor nos acompañe na lista e colabore con nós, pois o traballo que está a facer no Congreso polo país e pola nosa comarca é inmenso” manifestaron desde a asemblea local vicedense





















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



