Ribadeo, 25 de abril de 2023. O Concello abriu o prazo para solicitar catro postos na praza da abastos de Ribadeo, que saen a concesión durante 30 anos. Acollerán actividades como florería, peixería, panadería ou alimentación xeral. A superficie destes espazos oscila entre os 13 e os 28 metros cadrados. E a forma de licitación será a de poxa á alza.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, contou que “desde o pasado venres, día 21 de abril, que é cando o Concello o publicou está aberto o prazo para optar ou para solicitar un dos postos da praza de abastos, que saen a concesión durante un período de 30 anos”.
O edil ribadense dixo que “son catro os lotes que se ofertan e deberán estar destinados a algunha das seguintes actividades: postos especiais ou florería, peixería, alimentación en xeral ou froitas e hortalizas e tamén panadería. A superficie deste postos varía individualmente entre os 13 e os 28 metros cadrados”.
Vizoso Galdo explicou que “dentro da categoría de postos especiais entendemos aqueles que comercialicen produtos coma viños, licores, pastas, produtos gourmet, ecolóxicos e de proximidade, embutidos ou encurtidos. En peixería inclúe a venda de peixe e marisco fresco e conxelado e tamén mariscos cocidos. Dentro da categoría de florería entendemos a venda de flores e plantas frescas, venda de flores secas e variedade de centros decorativos e ornamentais. E no tocante á panadería comprende a venda de produtos de pan e derivados da fariña así como de pastelería e repostería”.
O concelleiro de Desenvolvemento local indicou que “a forma de licitación será a poxa á alza e o canon de saída varía entre os 374 euros e os 815 euros, dependendo do lote ao que se opte. Para o establecemento das diferentes categorías dos postos en licitación, ademais de ter conta a propia ordenanza procurouse a diversificación das actividades que xa están asentadas na praza, sempre co fin de potenciar este espazo coma un dos epicentros de compra de produtos de proximidade e dunha alimentación de calidade en Ribadeo. Outra das cuestións que buscamos é facilitar e promover o auto emprego, xa que se trata dun emprendemento que consideramos posible, no sentido que non precisa inversións iniciais que se precisan ou os alugueiros posteriores non teñen porque ser precisamente altos”.
Pablo Vizoso engadiu que “deste xeito aplicando a ordenanza neste ámbito do Concello resulta que estaríamos falando duns alugueiros anuais entre 460 e pouco máis de 1.000 euros ao ano. O prazo para a solicitude a calquera destes postos estará aberto 30 días. O anuncio de licitación pódese consultarse na sede electrónica do Concello de Ribadeo e os pregos administrativos e técnicos tamén podemos consultalos na plataforma de contratación do Sector Público no perfil do contratante do Concello de Ribadeo”.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



