Ribadeo, 24 de abril de 2023. No Concello de Ribadeo tivo lugar unha recepción a tres piragüistas del Club Altruán, que veñen de proclamarse campioas de España en diferentes categorías. Trátase de Elena Justo Carballeira (Campioa de España Muller Infantil PK3), Manuela Lastra Castillo (Campioa de España Muller Infantil B) e Elena González Rico (Campioa de España Muller Infantil A). O acto estivo presidido polo alcalde, Fernando Suárez, e polo concelleiro de Deportes, Jorge Díaz. Tamén participaron os concelleiros de Economía e Igualdade, Pablo Vizoso e Mónica Freire, así coma o técnico de Deportes, Iván López.
Na quenda de intervencións o edil de Deportes, Jorge Díaz, agradeceu o traballo realizado polo club, polos adestradores e tamén o esforzo das familias: “tanto Elena, como Manuela, como Elena foron campioas nas disciplinas que practican e hoxe imos darlles un agasallo para que teñades de recordo. Agardamos e desexamos que para o vindeiro ano repitamos acto, que nos sigades acostumando así. Sei que tedes un bo adestrador, un bo club e agora o voso local está en reformas, moi merecidas, por fin lograremos que ese angar estea nas mellores condicións para que teñades uns vestiarios dignos e unhas instalacións acordes coa disciplina que practicades”.
O rexedor ribadense felicitou ás deportistas polos trunfos conseguidos: “gústame recoñecer a experiencia, o traballo e o esforzo da xente de Ribadeo e especialmente neste caso moi agradados da xente nova, a xente que dentro dun tempo seredes a seguinte xeración, que máis aló de palear tamén seguiredes facendo deporte, pero seredes a seguinte xeración que nos suceda en seguir con esta sociedade mellorándoa e traballando día a día”.
Elena Justo, Manuela Lastra e Elena González amosáronse emocionadas polos trunfos acadados e tiveron palabras de agradecemento para as súas familias, para os seus adestradores e para o Club Altruán.






















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.


