O Alcalde e candidato preséntase coa firme vontade de “poder gobernar libre de ataduras, cunha maioría suficiente que me permita tomar as miñas decisións sen depender de ningún partido nin de ningún pacto”. Para iso, remarcou, “conto co apoio dunha candidatura formada por mulleres e homes de contrastada solvencia e espírito de servizo, con ilusión e ganas de traballar polo seus veciños e veciñas”
A Pastoriza , 18 de abril de 2023. O Alcalde da Pastoriza, Primitivo Iglesias Sierra, presentou a súa candidatura para revalidar a Alcaldía nas vindeiras eleccións municipais do 28 de maio. “Son veciñas e veciños da Pastoriza con experiencia, cualificadas, cunha gran capacidade de traballo e moi implicadas co noso concello e co seu futuro”, subliñou.
A Agrupación Socialista de Pastoriza celebrou este pasado domingo un xantar de presentación da lista electoral encabezada por Primitivo Iglesias no restaurante A Casa da Luz de Bretoña.
A Secretaria de Organización provincial, Pilar García Porto, entre outros responsables orgánicos, así como alcaldes e militantes do concello e da comarca, asistiron a este encontro, no que a dirixente socialista puxo á Pastoriza como exemplo das políticas centradas nas persoas “que sempre facemos os socialistas cando gobernamos, pois impulsamos propostas e iniciativas que reverten directamente en mellorar a calidade de vida de toda a veciñanza”.
Neste sentido, incidiu, “o que fai falta para que a xente siga vivindo no rural son servizos públicos, cando menos, como os que teñen nas cidades, e emprego. E iso é polo que traballamos cada día os socialistas alí onde temos responsabilidades de Goberno, como demostra o Goberno de España e como demostramos na Deputación de Lugo. Por iso, síntome moi orgullosa desta candidatura que encabeza Primitivo Iglesias, porque sei que é un home comprometido, con conviccións firmes e disposto a seguir traballando a reo polo seu pobo”, subliñou García Porto.
Primitivo Iglesias recalcou que ten “ilusión e forzas” para finalizar os proxectos que ten en marcha, e para impulsar “outros novos que contribuirán ao progreso e a mellorar a calidade de vida das veciñas e dos veciños das 19 parroquias da Pastoriza. Con este empeño serio, firme e rigoroso me presento”.
O Alcalde e candidato socialista engadiu que se presenta ás vindeiras eleccións coa firme vontade de “poder gobernar libre de ataduras, cunha maioría suficiente que me permita tomar as miñas decisións sen depender de ningún partido nin de ningún pacto”. Para iso, remarcou, “conto co apoio dunha candidatura formada por mulleres e homes de contrastada solvencia e espírito de servizo, con ilusión e ganas de traballar polo seus veciños e veciñas”.
Candidatura do PSdeG ás eleccións municipais da Pastoriza
A candidatura socialista da Pastoriza está composta polos seguintes candidatos e candidatas:
1- Primitivo Iglesias Sierra
2- Constantino Fernández Leira
3- Montserrat Cabaneiro Rego
4- Montserrat Casanova Ónega
5- Rubén Carballal Gasalla
6- José Luis Seco Muiña
7- Jesús López Expósito
8- Miguel A. Rico Rodríguez
9- Sonia Valiña Piñeiro
10- Sonia Dorado Fernández
11- Digna Gallego Méndez
Suplentes: Antonio Lorigados Eiras; José Corral Cabado; Iván Andión Ledo; Laura Eguizabal Saenz e Tania Canto Morado.




















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



