Burela, 9 de maio, 2023. Este mércores día 10 de maio comezan as XII Xornadas Formativas 2023 organizadas pola Fundación Imdecum en colaboración coa Deputación de Lugo e o IES Monte Castelo de Burela. Como cada ano, levaránse a cabo ao longo de varias sesións nas que diferentes profesionais do deporte nos darán unhas nocións básicas e introductorias sobre diferentes disciplinas.
Para a apertura da actividade falaremos sobre o Deporte Estrela da comarca, o fútbol sala, o mércores día 10 ás 16.15 horas no Pavillón Monte Castelo de Burela. Cunha clase maxistral teórico- práctica sobre os “Fundamentos e técnicas básicas do Fútbol Sala”, impartida polo adestrador do equipo masculino do Pescados Rubén Burela FS, David Rial. O xove e formado técnico continúa demostrando o seu saber facer durante esta tempada no equipo mariñano que, despois de realizar unha tempada inmellorable, competirá polo ascenso a Primeira Federación durante as próximas semanas nas fases dos playoff. Provinte do Santiago Futsal onde deu os seus primeiros pasos e foi adestrador asistente en Primeira Federación (2015-2018) e primeiro adestrador en Segunda Federación (2019-2021).
Na segunda sesión o tema a tratar será “Forza, rendemento e saúde”, o xoves día 11 de maio ás 9.30 horas no ximnasio do Pavillón Municipal Vista Alegre de Burela. Dan man do recoñecido adestrador checo Mirek Kadlec, que nos falará sobre a relación e beneficios de prácticas máis enfocadas ao adestramento físico. Kadlec é profesor no centro Gymnasium Prípotcní de Praga, co que o IES Monte Castelo comparte un proxecto educativo dende fai máis de 20 anos, motivo polo que o profesional da eduación física se atopa na comarca actualmente, realizando un Jobshadowing dentro do programa Erasmusplus. Ademáis de mestre tamén conta cun centro deportivo, xa que é un recoñecidísimo adestrador persoal a nivel nacional e conta con numerosos premios. Todo un referente na República Checa.
Por último rematamos as xornadas cun interesante relatorio sobre “Artes Marciais Orientais. Nocións básicas e evolución ata hoxe”, que terá lugar o luns día 15 de maio ás 17.45 horas. Neste caso será o experto Arturo Fernández que nos presentará en termos xerais as diferentes artes marciais que imparte, sobre todo, relacionadas coa defensa persoal. Ensinándonos a distinguir entre unhas e outras segundo a historia e finalidade que busca cada unha delas. Unha introducción aos aquí tan famosos coma descoñecidos conceptos sobre as artes da loita orientais. Arturo, ademáis de levar unha coñecida librería en Burela (Nobel Burela), comezou no mundillo das artes marciais aos 6 anos a través do Judo, no que competíu ao longo de moitos anos. Por motivos laboráis trasladouse á Mariña Lucense onde comezou a estudar máis artes marciais con Miguel Ángel Rojo. Hoxe en día practica IAIDO, taijitsu, aikijujutsu, Kung-fu, varias especialidades e estilos de Taiji quan e Qi gong.
Viaxou a China en varias ocasións para aprender a técnica do kung-fu do que é árbitro e instrutor nivel 2.






















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.

