Ribadeo, 13 de maio de 2023. Os días 27 e 28 de maio terá lugar o XVII Torneo Internacional de Fútbol de Veteranos Vila de Ribadeo, que organiza a asociación de veteranos do Ribadeo FC. O evento foi presentado no salón de plenos do Pazo de Ibáñez.
Segundo os organizados neste evento daranse cita 68 equipos: 6 portugueses, 1 irlandés, 2 paraguaios, 1 arxentino, 1 brasileiro, 2 franceses (un deles da illa Mayotte, que está no océano Índico) e o resto españois (de Andalucía, Madrid, Castela-León, Cantabria, Asturias e Galicia). Os organizadores estiman que entre todos os equipos desprazarán a Ribadeo a máis de 2.000 persoas.
Na quenda de intervencións o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, sinalou: “desde o Concello de Ribadeo queremos dar, outro ano máis, o noso caloroso recibimento a toda esta xente que fai posible este torneo, tan grande, tan internacional e tan importante, tanto para o fútbol como para Ribadeo”.
O rexedor dixo que “este torneo, que organiza a Asociación de Veteranos do Ribadeo Fútbol Club, ten o apoio das institucións públicas e entre todos vamos facer que Ribadeo sexa un lugar cunha grande intensidade de xente de fóra, de aquí e de acolá, durante uns días, o que vai ser algo impresionante para vivir, tanto nos partidos que se celebrarán en Ribadeo e nos concellos dos arredores como para comprobar que a hostalería e o comercio se van ver notablemente impulsados por este acontecemento”.
O xefe territorial de Deportes, Manuel Otero, comentou: “temos que darlles a benvida a todos os protagonistas, a todos os deportistas, a todos os clubs que nos van visitar desde distintos países, desde diferentes puntos da xeografía nacional e tamén algún equipo galego. A todos os deportistas voulles pedir que veñan a disfrutar do deporte e a demostrar que son un exemplo de xogo limpo, que saiban competir e gañar, pero sobre todo que saiban perder”.
Tamén tomou a palabra o concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, quen explicou que “este ano xa son 68 equipos de diferentes nacionalidades e por parte do Concello apoiamos no que podemos e agradecemos moito o esforzo que fai a asociación de veteranos do Ribadeo FC, que é algo moi importante porque é un evento que toca non só a Ribadeo, que estará a tope, senón tamén a outros concellos da zona porque van competir en diferentes instalacións de distintos municipios”.
O concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, sinalou: “quero agradecer a presenza e dar a benvida a todos os clubs participantes neste Torneo Internacional de Veteranos, que xa vai pola súa décimo sétima edición, e que supón un pracer e un orgullo para o Concello de Ribadeo poder acollelos aquí, no noso concello e nos limítrofes”. E subliñou: “imos ter a nosa vila chea eses días e tamén os concellos da contorna. Serán arredor de 2.000 persoas ás que se darán cita en Ribadeo, chegadas desde diferentes latitudes do mundo. Isto suporá unha importante dinamización da nosa economía e pídolles a todos que disfruten e que difundan aló por onde vaian todas as nosas marabillosas virtudes como grandes acolledores”.
A presidenta de Acisa Ribadeo, Carmen Cruzado, manifestou: “desde Acisa Ribadeo estamos encantados de colaborar, un ano máis, con este torneo internacional Vila de Ribadeo, que organiza a Asociación de Veteranos do Ribadeo FC. É a 17ª edición, sabemos que vai mover a moita xente e iso supón algo moi importante para o comercio, para a hostalería e para os hoteis da Ribadeo”. E engadiu: estamos encantados de recibilos a todos eles, agardamos que disfruten da súa estadía entre nós e animamos aos organizadores a seguir traballando neste sentido porque Acisa seguirá tamén remando na mesma dirección”.
Desde a asociación de veteranos do Ribadeo FC o seu presidente, Juan Rodríguez Peceux, indicou que “desde a organización só nos queda agradecer a todos aqueles que fan posible que este torneo siga crecendo e que ano tras ano poida encher Ribadeo e as comarcas limítrofes. Quero desexarlles a todos os participantes que veñan a divertirse e a coñecer moito a zona na que van estar”.
No acto de presentación participaron tamén o xerente de Acisa Ribadeo, Jesús Pérez, e o técnico municipal de Deportes, Iván López.






















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



