Viveiro, 13 de maio de 2023. A concelleira de Cultura de Viveiro, Lara Fernández Fernández-Noriega, entregou hoxe os premios aos gañadores e gañadoras do concurso de fotografía “Onde les ti?”, impulsado dende o Concello de Viveiro para conmemorar o Día do Libro, nunha iniciativa na que colabora tamén o Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro.
Os premiados na edición deste ano foron Carlos Romero Quintana, na categoría adulta; Candela Rego Rial, na xuvenil, e Vega Salgueiro Bermúdez, na infantil.
“Dende o Concello de Viveiro agradecemos a todos e a todas as participantes a súa implicación para facer posible que estas actividades saian adiante e, sobre todo, por posicionar a nosa Biblioteca Pública Municipal nas redes durante todos estes días nos que se levan a cabo as votacións”, subliña a concelleira de Cultura.
“É moi importante visibilizar as bibliotecas públicas porque fan un gran labor educativo, un labor silencioso pero perenne durante toda a historia da humanidade. Son templos que temos que salvagardar sempre para que a nosa rapazada e os nosos veciños e veciñas poidan mellorar, e sobre todo vivir con ese espírito crítico que nos da a lectura”, engade Lara Fernández Fernández-Noriega.
Os gañadores desta iniciativa impulsada pola concellería de Cultura e a Biblioteca Municipal recibiron un lote de libros cun valor de 60 euros e un lote de entradas para “Cines Viveiro” cun valor estimado de 100 euros por categoría.





















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



