Ao finalizar o pleno do Consello Galego de Pesca, que se celebra ás 17:00 de hoxe mércores, 10 de maio, dentro do marco de Expomar 2023 en Burela, realizarase unha concentración simbólica dos asistentes como xesto de protesta contra as políticas pesqueiras da Comisión Europea. Este acto, que terá lugar xunto ás instalacións de Armadores de Burela a partir das 18:30, continúa as accións iniciadas onte martes día 9, coincidindo co “Día de Europa”, do sector pesqueiro galego contra as políticas da UE.
Acto en defensa do sector pesqueiro europeo