A conselleira do Mar visitou onte pola tarde Ribadeo para respaldar o proxecto do candidato á alcaldía, Dani Vega
Ribadeo, 19 de maio de 2023. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou onte pola tarde Ribadeo para respaldar ao candidato a alcaldía, Dani Vega e analizar as accións que se están a desenvolver no porto de Ribadeo co dragado da Ría e a modernización do porto. Vega valorou positivamente o traballo conxunto con Portos de Galicia. “Este importante traballo con Portos de Galicia empeza a dar os seus froitos coa mellora do porto e tamén co dragado da ría. Estas inversións son fundamentais para Ribadeo e levamos tempo traballando para conseguilas”, explica Vega. Neste sentido, o proxecto do dragado da ría está facéndose por catro fases cun orzamento de 3,7 millóns de euros. O proxecto contempla unha actuación inicial de dragado e ampliación do calado e tres máis de mantemento.
En relación á mellora do porto de Ribadeo o alcaldable subliñou que “era necesario este orzamento de 200.000 € para concretar as primeiras accións coa mellora do entorno da lonxa”. O antigo aglomerado estaba moi desgastado e “incorporouse un novo aglomerado, renovando o adoquín que estaba moi detoriorado”.
Vega destaca a liña de traballo durante estes catro anos pois “pouco a pouco vamos a ir facendo todas as melloras no porto e tamén co dragado, que é fundamental. En definitiva vamos a seguir traballando por traer inversión para Ribadeo co obxectivo de mellorar e modernizar todo o porto que crea tanta riqueza na nosa vila”. O alcaldable subliñou tamén que no seu proxecto político son pilares fundamentais a modernización do porto e atraer inversión para Ribadeo.
A titular do Mar, pola súa banda, puxo en valor a importancia de Ribadeo como porto pesqueiro e salientou o peso da actividade extractiva na economía local. Neste sentido, asegurou que a pesca ten futuro malia os importantes desafíos aos que se enfronta e que non hai mellor persoa para defender os seus intereses desde o goberno local que Dani Vega.






















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



