Así o avanzou o alcaldable na presentación oficial da lista coa que os populares deste municipio concorren ás eleccións do 28M
O Vicedo, 7 de maio de 2023. “Este será o mandato do desenvolvemento da praia de Fomento”. Así o avanzou o candidato á alcaldía de O Vicedo na presentación oficial da lista coa que os populares concorren aos comicios do 28M.
O tamén deputado provincial explicou aos asistentes que, se acadan novamente a confianza dos veciños, continuarán mellorando as vías municipais con aglomerado; “cuestión que, dixo, é unha teima para o noso goberno”. A posta en funcionamento do centro de día e “seguir facendo do turismo unha oportunidade económica para O Vicedo” son outros das iniciativas que os populares levan no seu programa electoral e que xa adiantaron este domingo aos asistentes nun concorrido acto, no que contaron co apoio da dirección provincial do Partido, representada polo coordinador xeral, José Manuel Balseiro.
Tal así que, apuntou o candidato, “xa demos un salto cualitativo e cuantitativo estando incluídos na relación de Pobos Máxicos de España. Ademais, a romaría vikinga cobra cada ano máis forza e construír unha pista de pádel en Folgueiro son exemplos de que temos a mesma ilusión e o mesmo compromiso que o primeiro día”, afirmou.
Pola súa banda, Balseiro agradeceu a todos os membros da candidatura “a valentía para sumarse ao proxecto popular porque, engadiu, non é o mesmo que gobernen uns a que gobernen outros. No Vicedo sabédelo ben. Tedes non só un gran capitán; tedes o mellor”, remarcou.
CANDIDATURA AO COMPLETO
Jesús Novo presentou a todos os integrantes, destacando que, con respecto á 2019, a candidatura conta con tres novas caras dos 12 que a conforman. Este ocupan os postos 7, 9 e primeiro suplente, respectivamente.
Titulares:
1. Jesús Novo Martínez.
2. María del Pilar Otero Insua.
3. Modesto Riveira Fernández.
4. José Ángel Canoura Iglesias.
5. Balbino Trasancos González.
6. José Dovale Liz.
7. Alejandro Martínez Eiroa.
8. Azucena Rolle Calvo.
9. Jorge Baltar Martínez.
Suplentes:
1. Jonathan Fanego Fernández.
2. Azucena Gasalla Rego.
3. María Dolores Lamelas Quelle.



















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



