Arsenio Iglesias, lenda branca e azul, é a máis sobranceira das persoas do deportivismo nos seus 117 anos de vida. Como ven de dicir o seu fillo Antonio, o Dépor era a súa Casa. E él era o Noso, como lle cantou a afección nunha desas conexións entre pobo e líder nado do pobo tan pouco usuais na nosa Galicia.
Mais fóra do Dépor Arsenio Iglesias foi un grande profesional do fútbol, que como xogador e adestrador deu o mellor de si próprio, no técnico, no táctico e no estratéxico, no Dépor, no Granada, no Sevilla ou no Hércules. Na súa profesionalidade da orde e do talento, influiu a súa proximidade durante máis de 30 anos co avogado vimiancés Antonio Vázquez Mouzo, que o fichou para o Bergantiños no 1950. Arsenio entregábase ao traballo ben feito e eficaz cos seus clubes e cos seareiros que pagaban. Velaí o seu compromiso co sentido da equipa que foi quen de combinar o xenio dos fenómenos de Fran, Bebeto ou Mauro Silva con outros máis de liña xerando unha equipa gañadora fronte adversarios con moitas máis estrelas e orzamento na Copa de 1995 e no trunfo moral da Liga 93-94.
Orde e talento que incluía a defensa da súa dignidade como profesional que manifestou na súa marcha do Dépor (1995) e do Madrid (1996). Porque Arsenio demostrou que a súa brillante e exitosa idea de construir fútbol era incompatíbel co star system do vestiario que lideraba un Raúl ao que ninguén lembra, co palco do Bernabeu e coa prensa deportiva madrileña. Porque Arsenio ten moito a ver coa forza da afección do Dépor do 2023, que xunta máis de 27.000 seareiros no estadio e máis de 25.000 aboamentos cando transitamos polo inferno temporal da 1ª Federación.
Arsenio salientou tamén pola súa empatía. Na súa pedagoxía como adestrador cos seus xogadores, mais tamén no que nos aprendía ou nos lembraba aos xoves seareiros e ao público en xeral. Que o fútbol é un xogo e nel a derrota é mesmo máis humana ca a a vitoria. Que non estamos sos no mundo porque os outros tamén xogan e nos poden guindar a vitoria dos fuciños. Empatía na súa conexión coa xuventude, cos seus rapaces descamisados das xeracións que seguían ao Dépor polos campos de xogo.
Tamén salientou Arsenio polo seu sentido cívico, cidadán, patriótico. Entre 2006 e 2009 aceptou o cargo que a conselleira Anxela Bugallo e o director xeral Santi Domínguez (BNG) lle ofrecían, canda Fernando Vázquez, e foi o adestrador da nosa selección nacional sen percebir diñeiro ningún (tampouco Vázquez). Malia o seu apartidismo sabía que aquel aceno non lle habería caer ben a unha minoría, mais bastante influínte, de paisanos que non querían ouvir falar de que Galicia tiver unha selección de noso. E asumiu as resultas da súa decisión como home dunha peza.
Arsenio pertence xa á historia. Mesmo lle pertence ao mito. Mais por moitos anos que vivamos,mister, non poderemos esquecer que fuches ti quen nos fixo soñar.





















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



