O encontro celebrado hoxe contou coa participación do Delegado do Goberno en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, e da Deputada no Parlamento de Galicia Patricia Otero, e reuniu a alcaldes e voceiros da comarca, militantes, simpatizantes e veciños
Cervo, 20 de maio de 2023. A candidata do PSdeG á Alcaldía de Cervo, Luján Ramos, ofreceu este sábado un mitin na Casa do Mar de San Cibrao. O acto contou coa participación do Delegado do Goberno en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, e da Deputada autonómica, Patricia Otero, e reuniu alcaldes e alcaldesas, candidatos e candidatas, militantes e simpatizantes, ademais de veciños e veciñas do municipio e da comarca.
“Traballaremos para ofrecer servizos e oportunidades laborais, que é o básico para que a xente nova se quede ou volva a Cervo”, asegurou a candidata, incidindo en que resulta “moi importante contar cunhas dotacións que permitan facer do noso un concello no que a xente estea a gusto, porque xa temos o resto de ingredientes que fan de Cervo o sitio perfecto para vivir e criar a unha familia”.
Un Plan Industrial para A Mariña
“Necesitamos poder ofrecer traballo, se queremos que a xente quede en Cervo. Temos que poñer os medios para que aqueles que marchan fóra a estudar poidan volver”, apuntou a alcaldable. Nese sentido, falou da necesidade de que A Mariña conte “dunha vez por todas” cun Plan Industrial, para multiplicar as posibilidades laborais da poboación. “É unha pena que os pobos vaian envellecendo e que toda a xente nova marche para localidades máis grandes”, sinalou.
A socialista explicou tamén o importante que son na Mariña as infraestruturas e sobre ese punto sinalou que entre as súas prioridades estará buscar a forma de “conectar o polígono de Cuíña coa N-642 e á Mariña co resto de Lugo e de España”. E puxo o foco en dúas vías fundamentais: a A-74, que unirá a A-8 con San Cibrao, e a Vía de Alta Capacidade Costa Norte, de San Cibrao a Ferrol”.
Fixo fincapé na importancia do benestar social e do coidado dos maiores, e entre as súas propostas programáticas destacou a ampliación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), a xestión de máis prazas de Centro de Día e residencia ou dun servizo de vixilancia e acompañamento ás persoas que o precisen.
Tras 8 anos como Concelleira do PSdeG, formando parte do equipo liderado por Francisco Mon, agora Luján Ramos dá un paso adiante para encabezar unha candidatura que, como ela mesma destacou no acto que tivo lugar este sábado en San Cibrao, “integran veciños e veciñas traballadores de diferentes sectores, que apostamos por traballar activamente e por mellorar este concello con sentido común”.





















Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



