“Continuaremos co plan de mellora continua dos servizos públicos e infraestruturas, ademais de apoiar as tradicións e as festas de cada parroquia”, afirma a candidata socialista
Viveiro, 13 de maio de 2023. María Loureiro García, candidata socialista á reelección como alcaldesa de Viveiro, anunciou hoxe “a creación dunha concellaría dedicada única e exclusivamente ás parroquias e o medio rural do noso concello, para recibir de primeira man todas as súas propostas e inquedanzas”.
“Continuamos co noso plan de mellora continua dos servizos públicos e infraestruturas, reforzando e mellorando naqueles aspectos que as parroquias trasladen a esta nova concellaría”, afirma Loureiro.
“Temos programadas numerosas actuacións se os veciños nos dan a confianza o 28 de maio para mellorar a ampliar a rede de saneamento e traída de auga nas parroquias, ademais de obras de pavimentación, alumeado e limpeza”, explica.
En palabras de María Loureiro, “o rural sempre foi unha prioridade para nós, pero queremos dar un paso máis coa creación desta concellaría específica, mantendo un diálogo continuado coas asociacións veciñais”.
“Concretaremos acordos coas Comunidade de Montes para a realización de obras na contorna de cada parroquia e, como vimos facendo, apostaremos polas tradicións, colaborando con apoio económico e loxístico con todas as comisións de festas”.





















O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.
Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.



