No encontro coa veciñanza e cos simpatizantes participaron tamén a Alcaldesa de Trabada e Deputada provincial, Mayra García Bermúdez, e o Voceiro socialista no Parlamento de Galicia, Luis Álvarez
Ribadeo, 21 de maio de 2023. A candidata socialista de Ribadeo, Marta García Rey, ofreceu este domingo un mitin na Casa do Mar desta localidade da Mariña para presentar a súa candidatura de cara ás vindeiras eleccións municipais do 28 de maio. No encontro, no que participaron veciños e veciñas, afiliados e simpatizantes, García Rey prometeu “traballo, transparencia e compromiso” para dinamizar e transformar o seu concello.
A Alcaldesa de Trabada e Deputada provincial, Mayra García Bermúdez, e o Voceiro do PSdeG no Parlamento de Galicia, Luis Álvarez, coincidiron en destacar a valía e capacidade da alcaldable ribadense, quen destacou que loitará por un concello “máis activo, no que a prioridade sexa a calidade de vida dos veciños e das veciñas”.
Destacou a socialista o equipo que a acompaña na lista, “renovado, forte, capaz, diverso e preparado”, composto por persoas “coas que comparto ideas e proxecto. Persoas responsables que entenden que só traballando xuntos poderemos acadar os logros máis ambiciosos”.
”O noso concello precisa máis ca nunca dun plan de alugueiro de vivendas dirixido a todos os públicos”, sinalou Marta García Rey, para quen a construción de novas vivendas será tamén unha prioridade. Nas súas propostas programáticas, a alcaldable do PSdeG apunta o impulso da xeración de emprego, apoiar o rural con determinación ou a elaboración dun bo plan de desenvolvemento do turismo que repercuta nos tres sectores. Destacou a necesidade de impulsar o comercio e á hostalería local, así como potenciar o ámbito cultural coa aposta decidida polos festivais de música, achegando iniciativas a todas as parroquias, ou coa creación do museo de Ribadeo.
No capítulo de infraestruturas, cre que Ribadeo necesita un parque canino, a reparación de beirarrúas tendo en conta ademais criterios de accesibilidade, a instalacións de pantaláns flotantes no entorno da Praia dos Bloques para facilitar o baño e as actividades deportivas, ou a creación dun aparcamento e área para autocaravanas.
Graduada en Turismo, Marta García Rey ten 28 anos, é veciña da parroquia ribadense de Vilaselán e volve a presentarse a Alcaldía de Ribadeo “coa mesma ilusión que hau catro anos”, nos que sumou a experiencia do seu traballo como concelleira socialista.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



