Lugo, 4 de maio de 2023. Os traballadores e as traballadoras do siderometal e do comercio do metal da provincia de Lugo irán á folga o mércores 10 de maio para reclamar convenios colectivos dignos. Así o confirmaron os representantes das tres centrais sindicais nunha comparecencia de prensa para valorar os nulos avances na reunión desta mesma mañá coa patronal.
Unha reunión que, apunta Alfonso Losada, da CIG-Industria, durou pouco máis de media hora e á que a patronal se presentou cunha proposta “totalmente insuficiente”. “Só soben os atrasos dos 340€ até os 500€ (o que non chega nin ao 50% do que lle correspondería a moitas categorías), ofrecen medio punto máis no incremento global e ábrense a ampliar a turnicidade”, explica.
Pero o empresariado continúa negándose a falar das revisións salariais ano a ano conforme ao IPC real e do abono dos atrasos dende xaneiro, dúas liñas vermellas marcadas polos sindicatos para asinar o convenio. Nun contexto de empobrecemento da clase obreira a causa da elevada carestía da vida, Losada insiste en que as revisións salariais anuais ao IPC, como referencia para garantir o mantemento da capacidade adquisitiva, “son irrenuncíabeis, non podemos seguir a perder cartos”.
Afirma que “a oferta que nos trasladaron hoxe parécenos totalmente insuficiente e por iso o próximo 10 de maio haberá folga no siderometal e no comercio do metal de toda a provincia de Lugo”. Ademais, de non producírense avances na negociación, xa están convocadas dúas xornadas máis de folga para os días 23 e 25 de maio, sen descartar un paro indefinido se a patronal teima na súa postura.
Neste senso, CIG, CCOO e UGT fixeron un chamamento a todos os traballadores e as traballadoras do sector a secundar de xeito masivo a folga e a participar nas mobilizacións que se convoquen nesa xornada para darlle unha resposta contundente á patronal e amosarlle “que estamos en disposición de pelexar até conseguir un convenio digno, con salarios xustos e avances nos dereitos laborais”.
Losada instou a seguir o exemplo do metal da Coruña e Ourense porque “o único xeito de obrigar a patronal a sentar na mesa e aceptar as nosas demandas é coa loita e a unidade de todos os traballadores e as traballadoras”.






















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



